domingo, 12 de novembro de 2023

OBRADOIRO DE COCIÑA: MOMIAS E BEBIDA DE SANGUE

 XA TIVEMOS A SEGUNDA XORNADA DOS OBRADOIROS DE COCIÑA CUNHA TEMÁTICA DE SAMAÍN.

NESTA OCASIÓN FIXEMOS DÚAS ELABORACIÓNS: MOMIAS DE CHOCOLATE E BATIDO DE SANGUE.

COMEZAMOS COAS MOMIAS: PRIMEIRO CORTAMOS TIRAS (DE MOMIA) NA MASA DE "HOJALDRE", DESPOIS UNTAMOS CON CREMA DE CACAO, A CONTINUACIÓN PECHAMOS O CACAO COAS TIRAS CORTADAS PARA REMATAR PINTANDO CON OVO BATIDO.

MENTRES AS MOMIAS ESTABAN NO FORNO FIXEMOS A SEGUNDA ELABORACIÓN: PRIMEIRO EXPRIMIMOS AS LARANXAS E DESPOIS BOTÁMOSLLE COLORANTE ALIMENTICIO DE COR VERMELLO.

SEGURO QUE ESTADES DESEXANDO VER O PROCESO E O RESULTADO!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario