domingo, 26 de novembro de 2023

APRENDENDO SOBRE AS XOANIÑAS

 ESTES DÍAS ESTIVEMOS APRENDENDO UN POUCO MÁIS SOBRE AS XOANIÑAS COA PROFE TANYA:

- DESCUBRIMOS QUE TEÑEN 6 PATAS E 4 ALAS (DÚAS MÁIS FORTES POR FÓRA QUE PROTEXEN AS FINIÑAS QUE ESTÁN AGOCHADAS).

- TAMÉN COÑECEMOS O SEU CICLO VITAL: PASAN DE SER OVOS A LARVAS, LOGO PUPAS E POR ÚLTIMO XOANIÑAS.

- DESCUBRIMOS QUE NON COMEN FOLLAS, SENÓN QUE LLES ENCANTAN OS PULGÓNS.

- E TAMÉN QUE,  AO SER TAN FERMOSAS E CHAMATIVAS, HAI MOITOS ANIMAIS QUE SON OS SEUS INIMIGOS PORQUE AS QUEREN COMER!! TOUPEIRAS, RATOS, ARAÑAS... PERO ELAS SON MOI LISTAS E SE SINTEN AMEAZADAS FANSE AS MORTAS E SEGREGAN UNHA SUSTANCIA MOI DESAGRADABLE COMO PROTECCIÓN.

MIRADE QUE BEN AS REPRESENTAMOS CON PLASTILINA!!

















Ningún comentario:

Publicar un comentario