luns, 6 de novembro de 2023

FESTA DO SAMAGOSTO

 COMO XA É TRADICIÓN NO NOSO COLE O PASADO 2 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O SAMAGOSTO, UNHA FESTA NA QUE CONMEMORAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO, TAN TRADICIONAIS NA NOSA TERRA.

PARA TAL OCASIÓN A NOSA PORTA CONVERTEUSE NUN GATO NEGRO TRAS A VOTACIÓN DOS PEQUES ANTE 6 PROPOSTAS DIFERENTES (BRUXA, OLLOS, MONSTRO, MOMIA...).

COMEZAMOS A XORNADA CUNS XOGOS TERRORÍFICOS. PARA ISO FIXEMOS 5 EQUIPOS, CADA UN DELES MESTURA DE NENAS E NENOS DAS TRES AULAS DE INFANTIL.

COA PROFE CRIS ATRAPAMOS CON PINZAS ANIMAIS QUE, ÁS VECES, DAN UN POUQUIÑO DE MEDO.


COA PROFE TANYA DESCUBRIMOS, METENDO A MAN, DESDE UNLLAS DE BRUXA A OLLOS DE LOBO.



COA PROFE MARÍA OTERO ENCESTAMOS AROS DE CORES EN SOMBREIROS DE BRUXA.


COA PROFE ISA TRANSPORTAMOS OLLOS E ENCESTAMOS CASTAÑAS.


COA PROFE MARÍA FANJUL CONSTRUÍMOS UNHA LONGA SERPENTE POLO CORREDOR DE INFANTIL.


SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DESTES XOGOS TERRORÍFICOS AQUÍ TENDES O ENLACE.

ÁLBUM XOGOS INFANTIL

CONTINUAMOS A XORNADA COMENDO AS RICAS CASTAÑAS DO TREN DO CASTAÑEIRO (GRAZAS Á COLABORACIÓN DA ANPA) QUE METIMOS DENTROS DOS NOSOS VASOS MAGOSTEIROS.

PARA REMATAR RECITAMOS UNHA PEQUENA POESÍA TERRORÍFICA QUE TAMÉN COMPARTIMOS COS NOSOS COMPIS DE INFANTIL.

E COMO PECHE FINAL... UNHAS LAMBETADAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario