DURANTE ESTE CURSO SEGUIMOS TRABALLANDO EN TORNO AO NOSO NOME E O DOS NOSOS COMPIS.
NESTA OCASIÓN FIXEMOS UN MURAL TITULADO "AS LETRAS QUE SE QUEREN".
UN POR UN OS PEQUES FORON COLOCANDO AS INICIAIS DO SEU NOME NUN PAPEL EN BRANCO CUN ÚNICO REQUISITO: CADA LETRA QUE SE COLOCABA TIÑA QUE TOCAR A OUTRA LETRA, NINGUNHA PODÍA QUEDAR SOLA.
UNHA VEZ COLOCADAS TODAS AS LETRAS PASARON A PINTAR CON CORES VARIADAS OS OCOS QUE QUEDARON ENTRE ELAS.
NESTE VÍDEO PODEDES VER TODO O PROCESO ASÍ COMO O RESULTADO FINAL.
SEGURO QUE VOS GUSTA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario