domingo, 26 de novembro de 2023

O CIRCUÍTO VERTICAL

 ESTE ANO INICIAMOS UNHA ACTIVIDADE EN COLABORACIÓN COA AECC (ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER) BAIXO O TÍTULO DE CIRCUÍTO VERTICAL.

CONSISTE EN IR COÑECENDO DIFERENTES LUGARES DO MUNDO A TRAVÉS DOS SEUS MONUMENTOS.

CADA DÍA, O ENCARGADO OU ENCARGADA DA CLASE, CONTABILIZA OS CHANZOS QUE SUBE (AO ENTRAR NO COLE, AO VOLVER DO PATIO, AO IR Á BIBLIOTECA...) E VAINOS REXISTRANDO NUN DOCUMENTO.

NA ENTRADA DO COLE HAI UN GRAN MAPA DO MUNDO ONDE IREMOS COLOCANDO OS MONUMENTOS QUE ALGÚN GRUPO CONSIGA ACADAR A SÚA CIMA.

ADEMAIS, CADA CLASE ELIXIU UN LOGO QUE O REPRESENTA.

NA NOSA CLASE XA SUBIMOS O PRIMEIRO MONUMENTO: SAN JUAN DE GAZTELUGATXE, EN BERMEO (PAÍS VASCO), CON 241 CHANZOS.


E IMOS CAMIÑO DO SEGUNDO, A TORRE DE HÉRCULES, CON 242 CHANZOS, QUE ESTÁ EN A CORUÑA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario