DENTRO DO PROXECTO DE CHINA DESCUBRIMOS A SÚA CERÁMICA E PORCELANA, CON MOITOS ANOS DE TRADICIÓN.
ASÍ QUE PUXÉMONOS MANS AO BARRO PARA CREAR AS NOSAS PROPIAS FIGURAS EMPREGANDO ESTE MATERIAL.
PRIMEIRO MOLDEAMOS O BARRO PARA FACER UN PRATO E NUN SEGUNDO MOMENTO DEIXAMOS PASO Á CREACIÓN LIBRE PARA ELABORAR AS FIGURAS QUE CADA QUEN QUIXO.
PASADA UNHA SEMANA E CO BARRO XA SECO PASAMOS A DECORALAS CON PINTURA ACRÍLICA.
OS RESULTADOS FORON ESTUPENDOS PERO, SEN DÚBIDA, QUEDÁMONOS CO PROCESO DE AMASADO E CREACIÓN. QUE RELAXANTE E SATISFACTORIO FOI!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario