O PASADO 16 DE MAIO CONMEMORAMOS NO COLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
PARA ESTE EVENTO CADA CURSO PREPAROU UNHA CANCIÓN TRADICIONAL EN GALEGO PARA CANTAR DIANTE DOS COMPIS.
COMEZOU EDUCACIÓN INFANTIL CON "POLO RÍO ABAIXO VAI..."
A CONTINUACIÓN 1º E 2º CANTARON "NA BEIRA DO MAR"
XA 3º ESTABA PREPARADO PARA "A SAIA DA CAROLINA"
DE SEGUIDO O ALUMNADO DE 4º CANTOU "ONDIÑAS VEÑEN".
5º TIÑA PREPARADA A CANCIÓN "CATRO VELLOS MARIÑEIROS"
E PARA REMATAR OS MAIORES DO COLE, 6º DE PRIMARIA, CON "O RODABALLO".
TODAS AS ACTUACIÓNS ESTIVERON XENIAL!!!
NA SEGUNDA PARTE DO ACTO O ALUMNADO DE INFANTIL FOI PARA O XIMNASIO PARA FACER "A CARREIRA DAS PALABRAS".
NOS DÍAS PREVIOS, NA CLASE, PREPARAMOS UN DORSAL CUNHA PALABRA GALEGA E O SEU DEBUXO. NA CARREIRA, CADA VEZ QUE ESCOITABAMOS A NOSA PALABRA, TIÑAMOS QUE BOTAR A CORRER PARA TOCAR O MÁIS RÁPIDO POSIBLE O CONO VERDE.
PASAMOS UN BO RATO DIVERTIDO EN GALEGO!!!
ADEMAIS, NA CLASE, COÑECIMOS UNHA FERMOSA POESÍA DE MANUEL MARÍA, O ARCO DA VELLA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario