O MARTES 11 DE FEBREIRO RECIBIMOS NO COLE A UNHAS PERSONIÑAS MOI ESPECIAIS PARA NÓS: OS AVÓS E AVOAS DO CENTRO DE MAIORES DE "SARAIVA", DE POIO.
DESDE HAI UN TEMPO APOSTAMOS NO COLE POR ESTE TIPO DE EXPERIENCIAS DE COMPARTIR MOMENTOS COS NOSOS MAIORES. E CON MÁIS MOTIVO, DURANTE ESTE CURSO, NO QUE QUEREMOS COÑECER OS XOGOS DOS NOSOS AV@S.
NESTA OCASIÓN VISITÁRONNOS ANTONIO, ADOLFO, PILAR E PURA, QUE NOS VIÑERON CONTAR COMO XOGABAN ELES CANDO ERAN PEQUENIÑOS.
AS OPCIÓNS NON ERAN MOITAS... NON TIÑAN CARTOS E TIÑAN QUE APROVEITAR CALCETÍNS VELLOS, TRAPOS, PEDRAS, HERBAS... PARA FACER OS SEUS XOGUETES. ASÍ CONSEGUÍAN PELOTAS, BONECAS, CASIÑAS...
NA SÚA VISITA ENSÍNARONNOS UNS SAQUIÑOS CHEOS DE AREA COS QUE XOGARON E XOGAMOS A FACER LANZAMENTOS.
PASAMOS UN RATO BEN DIVERTIDO!!!!!
MOITÍSIMAS GRACIAS POR VIR!!!!!!!!!!
This free slideshow design made with Smilebox |
Ningún comentario:
Publicar un comentario