DURANTE ESTE CURSO O PROXECTO DO CENTRO LEVA POR TÍTULO "XOGAMOS?".
AS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL QUEREMOS APROVEITAR ESTA OPORTUNIDADE PARA QUE NOS VISITEN NO COLE OS AVÓS E AVOAS DOS PEQUES.
OS PRIMEIROS EN ANIMARASE A "VIVIR" ESTA EXPERIENCIA FORON MANUEL E ROSA, AVÓ E TÍA DE IRENE (MOI BEN ACOMPAÑADOS POLA SÚA NAI, SHEILA).
COMEZOU O AVÓ MANUEL CONTÁNDONOS COMO DE PEQUENO ÍA XOGAR AO MONTE, XA QUE NON HABÍA NADA MÁIS PARA XOGAR.
ALÍ DIVERTÍANSE COS PELOUROS (TAMÉN CHAMADOS AREAS):
CON 5 PELOUROS NO CHAN LÁNZASE UN AO AIRE E ANTES DE QUE CAIA CÓLLESE OUTRO E QUÉDASE NA MAN. A CONTINUACIÓN LÁNZASE OUTRO AO AIRE E ANTES QUE CAIA CÓLLESE OUTRO... E ASÍ ATA TER OS 5 NA MAN.
É UN XOGO QUE REQUIRE MOITA DESTREZA E PRÁCTICA.
TAMÉN NOS CONTOU COMO LLE GUSTABA IR AO MONTE A ESCOITAR E COLLER PAXAROS. ALGÚNS DOS QUE HABÍA SON OS DESTA IMAXE.
E UNHA CURIOSIDADE: CERCA DO COLE PODEMOS ATOPAR A "PEDRA ESCORREGHADEIRA", EN REALIDADE DÚAS; UNHA GRANDE E OUTRA PEQUENA QUE SERVEN DE TOBOGÁN NATURAL NO MONTE.
DESPOIS TOCOULLES O TURNO A ROSA E SHEILA QUE NOS ENSINARON DOUS XOGOS.
POR UN LADO "A RODA DE SAN MIGUEL".
COMO BEN DI A CANCIÓN XÓGASE EN RODA E HAI QUE SEGUIR A RIMA QUE NOS INDICA ATA QUEDAR TOD@S DE CÚ.
"ARREDOR DE SAN MIGUEL
TODOS VAN CARGHADOS CON MEL.
A LO MADURO, A LO MADURO,
O QUE SE RÍA QUE SE POÑA DE CULO"
TAMÉN SE PODE UTILIZAR ESA VERSIÓN:
"ARREDOR DE SAN MIGUEL
TODOS VAN CARGHADOS CON MEL.
A LO MADURO, A LO MADURO,
QUE SE POÑA (NOMEAR A ALGÚN DA RODA) DE CULO"
POR OUTRO LADO "O MONO CHIRIMBOLO".
NESTE XOGO HAI QUE SEGUIR AS INSTRUCCIÓNS DA CANCIÓN E BAILAR A RITMO.
"AL MONO CHIRIMBOLO QUE BONITO ES
UN PIE, OTRO PIE,
UNA MANO, OTRA MANO,
UN CODO, OTRO CODO,
LA NARIZ,
Y EL MOÑO (DANDO UNHA VOLTA)"
ESTAMOS MOI AGRADECID@S DE QUE VIÑERADES AO COLE!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario