ESTE MÉRCORES, EN PLENA SEMANA DO ENTROIDO, FOMOS DE EXCURSIÓN.
DESPOIS DE MERENDAR PUXEMOS AS NOSAS CAMISETAS PARA AS SAÍDAS, BEN IDENTIFICAD@S CO NOSO NOME E O DO NOSO COLE.
O PRIMEIRO FUI SUBIR NO AUTOBÚS, CASE O QUE MÁIS GUSTA DE IR DE EXCURSIÓN!!!
O DESTINO ERA O TEATRO DE "A FUNDACIÓN", EN PONTEVEDRA.
ALÍ ASISTIMOS Á REPRESENTACIÓN TEATRAL DE "O LOBO E A LÚA", DE BAOBAB TEATRO.
NO PRADO AZUL VIVÍA UN PEQUENO LOBO QUE PRECISABA FALAR COA LÚA. COMO ESTABA MOI LONXE E NON O ESCOITABA O LOBO TIÑA QUE GRITAR E NON DEIXABA DURMIR AOS SEUS VECIÑOS: A TARTARUGA NINA, O ELEFANTE DUARTE E O GATO MIÑAO. NESE INTENTO POR FALAR COA LÚA COÑECE A MARIANO, UN RATO FALADOR E DIVERTIDO QUE INTENTARÁ AXUDALO.
DESPOIS DUNS MINUTOS DE ESPERA E BEN SENTADIÑOS NA NOSA BUTACA, O ESPECTÁCULO COMEZOU.
SÓ QUEDABA DISFRUTAR DA HISTORIA QUE PREPARARAN PARA NÓS.
AGORA SÓ NOS QUEDA ESPERAR Á SEGUINTE SAÍDA CON MOITA ILUSIÓN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario