O VENRES LEVAMOS UN BO SUSTO!!!
DESPOIS DE RECIBIR A CARTA DE RUFIÑO E DE ESCOITAR A SÚA MENSAXE... DÉMONOS CONTA DE QUE DESAPARECERA...
NON ESTABA NA CLASE, NIN NA BIBLIOTECA, NIN NO PATIO...
DESPOIS DE BUSCAR POR TODO O COLE E PREGUNTAR A TODOS OS NOSOS COMPIS PENSAMOS QUE PUIDERA PASAR:
- SECUESTRÁRANO
- MARCHARA DE PASEO SEN AVISAR
- VIÑERON A BUSCALO O SEU PAPÁ E A SÚA MAMÁ
- LEVOUNO A POLICÍA PARA A CÁRCERE
DESPOIS DE FALAR UN RATO OS PEQUES DECIDIRON ESPERAR AO LUNS E, SE NON APARECÍA, A PROFE CHAMARÍA Á POLICÍA.
PERO CHEGOU O LUNS... E ALÍ ESTABA RUFIÑO NA BIBLIOTECA, TAN PANCHO, PERO ALGO DIFERENTE A COMO ESTABA SEMPRE.
TAMÉN ATOPAMOS UNHA MENSAXE NA PANTALLA NA QUE NOS EXPLICABA ONDE ESTIVERA METIDO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario