A EXPOSICIÓN DE CABAZAS QUEDOU CHULÍSIMA GRAZAS Á APORTACIÓN DE TODOS OS PEQUES QUE PASARON UN RATIÑO TRABALLANDO EN FAMILIA.
MOITAS GRAZAS POR ESTAS TERRORÍFICAS CABAZAS... OU NON!!!
A EXPOSICIÓN DE CABAZAS QUEDOU CHULÍSIMA GRAZAS Á APORTACIÓN DE TODOS OS PEQUES QUE PASARON UN RATIÑO TRABALLANDO EN FAMILIA.
MOITAS GRAZAS POR ESTAS TERRORÍFICAS CABAZAS... OU NON!!!
NA CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES TAMÉN LEVAMOS A CABO UN MERCADILLO SOLIDARIO.
NA BIBLIOTECA DO COLE MONTÁRONSE OS POSTOS CON LIBROS DE SEGUNDA MAN COLOCADOS POR IDADES RECOMENDADAS POLOS QUE OS PEQUES FORON PASANDO AO LONGO DA MAÑÁ PARA LEVAR UN MÁXIMO DE 3 LIBROS.
MOITÍSIMAS GRACIAS POLA GRAN COLABORACIÓN DAS FAMILIAS!!
MÁIS FOTOS NO SEGUINTE ENLACE
CON MOTIVO DO SAMAÍN FIXEMOS NA CLASE UN TALLER DE COCIÑA.
DÚAS FORON AS RECEITAS QUE ELABORAMOS NESTA OCASIÓN: GALLETAS CON FORMA DE MORCEGO E CABAZA E PIZZA CON FORMA DE PANTASMA.
COMEZAMOS PREPARANDO A MASA DAS GALLETAS XA QUE TIÑA QUE PASAR UN RATO POLO FRIGORÍFICO. MENTRES FOMOS FACENDO AS PIZZAS (E COMENDO) PARA REMATAR FACENDO A FORMA E FORNEANDO AS GALLETAS.
NA ELABORACIÓN DAS GALLETAS SEGUIMOS OS SEGUINTES PASOS:
1. BATER OVOS E MESTURAR CON LEITE NUN BOL |
2. BOTAR MANTEIGA E AZUCRE NOUTRO BOL |
3. BOTAR A FARIÑA, O SAL E O FERMENTO NUN BOL E MESTURAR |
4. TAMIZAR A FARIÑA E MESTURAR |
5. COAS MANS AMASAR A MASA ATA QUEDAR HOMOXÉNEA |
6. DEIXAR REPOUSAR NO FRIGORÍFICO ENTRE MEDIA HORA E UNHA HORA |
7. ESTIRAR A MASA, MARCAR E CORTAR CO MOLDE E DECORAR CON CHOCOLATE |
ESTA SEMANA TIVEMOS SESIÓN DE ROBÓTICA E ESTREAMOS UN NOVO ROBOT APORTADO POLO PROGRAMA DE POLOS CREATIVOS.
TEN FORMA DE EXTRATERRESTRE VERDE CUN CAPARAZÓN TRANSPARENTE QUE PERMITE VER COMO É POR DENTRO.
DESPOIS DE FACER VARIAS PROPOSTAS O NOME ELIXIDO PARA EL FOI "COCO".
TEN 9 BOTÓNS DIFERENTES E PODE EMITIR LUCES E SONS.
CON EL TRABALLAREMOS A ORIENTACIÓN ESPACIAL, ADEMAIS DE MOITOS OUTROS CONCEPTOS ADICIONAIS.