domingo, 29 de outubro de 2023

VISITA Á CASA DE PILI E PEPE

 O PASADO 10 DE OUTUBRO FOMOS ATA A CASA DE PEPE E PILI, NO QUE XA É UNHA TRADICIÓN NO NOSO COLE.

ATA ALÍ CHEGAMOS DANDO UN BONITO PASEO, COMO O TEMPO QUE NOS ACOMPAÑOU DURANTE A XORNADA.

A CASA DE PILI ESTÁ RODEADO DE CASTIÑEIROS NOS QUE REBUSCAMOS E ATOPAMOS UN MONTÓN DE CASTAÑAS. ADEMAIS TAMÉN NOS ENSINOU (AO LONXE) AS SÚAS ABELLAS E ONDE VIVEN.

COMA SEMPRE A GRAN HOSPITALIDADE DE PILI NON FALTOU E TIÑA PREPARADO PARA NÓS UN MANXAR: DEGUSTACIÓN DE MEL E DE MARMELO CASEIRO, GALLETAS, CHUCHES...

MIL GRAZAS POR PENSAR SEMPRE EN NÓS!!!

ESE DÍA PEPE NON NOS PUIDO ACOMPAÑAR XA QUE ESTABA AXUDANDO A UN VECIÑO. PERO, DE CAMIÑO DE VOLTA AO COLE, PARAMOS A SALUDALO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario