TODOS OS ANOS, O 16 DE OUTUBRO, CELÉBRASE O DÍA DO PAN.
E TAL DÍA, ESTE ANO, VIÑERON NATY, DANI E JENNY A ACHEGARNOS A PROFESIÓN DOS PANADEIROS E PANADEIRAS A TODO O COLE.
TODA UNHA MAÑÁ ENSINANDO CON MOITO AMOR O SEU OFICIO AO ALUMNADO DO COLE.
AS NENAS E NENOS DE INFANTIL TIVEMOS A GRANDE SORTE DE SER OS PRIMEIROS EN FACER UNS RICOS BOLIÑOS PREÑADOS E UN BOLO DE PAN NUN FORNO TOTALMENTE ARTESÁN E QUE FUNCIONABA CON LEÑA.
NON PODEMOS ESTAR MÁIS AGRADECIDOS DESTA VISITA!!! GRACIAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario