domingo, 29 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O MARTES 24 DE OUTUBRO CONMEMÓRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

E RUFIÑO FIXO DÚAS PROPOSTAS PARA TAL DÍA:

POR UN LADO FIXEMOS UNHA PORTADA CO NOSO LIBRO FAVORITO E TODOS XUNTOS, CO DO RESTO DOS COMPIS DE INFANTIL, CONSTRUÍMOS UN MURAL NA ENTRADA DO COLE.
















POR OUTRO LADO, OS APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES POR PARTE DO ALUMNADO DE 3º A 6º DE PRIMARIA. NO RATIÑO DA HORA DE LER, DESPOIS DO RECREO, BAIXARON ÁS AULAS DE INFANTIL PARA CONTARNOS UNHA HISTORIA. MOITAS GRACIAS!!!





XOGANDO NO CORREDOR

CADA MARTES, EN EQUIPOS REDUCIDOS DE 8 COMPIS, SALIMOS A XOGAR NO PASILLO COAS PROPOSTAS QUE NOS FAI A PROFE TANYA.

AQUÍ QUEDA UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE FIXEMOS OS ÚLTIMOS DÍAS...














HOTEL PARA BECHIÑOS

 DENTRO DO PROXECTO DE ANIMAIS DO XARDÍN DECIDIMOS FACER UN HOTEL PARA BECHIÑOS.

O PRIMEIRO PASO FOI CONSEGUIR O MATERIAL NECESARIO (GRACIAS ÁS FAMILIAS): CARTÓN, CORTEZAS, PAUCIÑOS, FOLLAS SECAS, ROLLOS DE CARTÓN...

E DESPOIS PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA FACER DOUS HOTEIS EN EQUIPO: UN CONSTRUÍDO POLOS EQUIPOS AMARELO E VERMELLO E OUTRO POLOS EQUIPOS AZUL E VERDE.

SEGURO QUE QUEREDES VER COMO FOI O PROCESO PARA CONSEGUIR ESTE RESULTADO, NON?



POIS AQUÍ VOS DEIXAMOS O VÍDEO...


DÍA DO PAN

 TODOS OS ANOS, O 16 DE OUTUBRO, CELÉBRASE O DÍA DO PAN.

E TAL DÍA, ESTE ANO, VIÑERON NATY, DANI E JENNY A ACHEGARNOS A PROFESIÓN DOS PANADEIROS E PANADEIRAS A TODO O COLE.

TODA UNHA MAÑÁ ENSINANDO CON MOITO AMOR O SEU OFICIO AO ALUMNADO DO COLE.

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL TIVEMOS A GRANDE SORTE DE SER OS PRIMEIROS EN FACER UNS RICOS BOLIÑOS PREÑADOS E UN BOLO DE PAN NUN FORNO TOTALMENTE ARTESÁN E QUE FUNCIONABA CON LEÑA.

NON PODEMOS ESTAR MÁIS AGRADECIDOS DESTA VISITA!!! GRACIAS!!!

ELECCIÓN DO PROXECTO: O XARDÍN E OS SEUS ANIMAIS

 NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE FORON OS PEQUES OS QUE ELIXIRON O PROXECTO EN TORNO AO CAL INVESTIGAR, EXPLORAR, APRENDER...

NUN PRINCIPIO A PROFE FIXO UN MONTÓN DE PROPOSTAS, AS CALES FORON VOTADAS POLAS NENAS E NENOS SENDO ESTE O RESULTADO.

TRAS O EMPATE ENTRE ANIMAIS DO XARDÍN E ANIMAIS DA SABANA PASAMOS A FACER UNHA NOVA VOTACIÓN NO QUE O PROXECTO GAÑADOR FOI "O XARDÍN E OS SEUS ANIMAIS".


TRAS PEDIR A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS ESTE FOI O PEQUENO RECUNCHO QUE CREAMOS, AO CAL SE FORON AÑADINDO OUTRAS APORTACIÓNS.

MOITAS GRACIAS!!!

XOGOS CON DADOS

 OUTRO DOS XOGOS COS QUE NOS INICIAMOS DURANTE ESTE CURSO É O XOGO COS DADOS. 

CON ANEIS, BOLIÑAS MAGNÉTICAS, POMPÓNS DE CORES... SON MOI VARIADOS OS MATERIAIS QUE PODEMOS UTILIZAR E AS POSIBILIDADES QUE NOS DAN OS DADOS.

ASÍ PODEMOS MANIPULAR E VIVENCIAR EN PRIMEIRA PERSOA O CONCEPTO DE NÚMERO.

MIRADE, MIRADE...



VISITA Á CASA DE PILI E PEPE

 O PASADO 10 DE OUTUBRO FOMOS ATA A CASA DE PEPE E PILI, NO QUE XA É UNHA TRADICIÓN NO NOSO COLE.

ATA ALÍ CHEGAMOS DANDO UN BONITO PASEO, COMO O TEMPO QUE NOS ACOMPAÑOU DURANTE A XORNADA.

A CASA DE PILI ESTÁ RODEADO DE CASTIÑEIROS NOS QUE REBUSCAMOS E ATOPAMOS UN MONTÓN DE CASTAÑAS. ADEMAIS TAMÉN NOS ENSINOU (AO LONXE) AS SÚAS ABELLAS E ONDE VIVEN.

COMA SEMPRE A GRAN HOSPITALIDADE DE PILI NON FALTOU E TIÑA PREPARADO PARA NÓS UN MANXAR: DEGUSTACIÓN DE MEL E DE MARMELO CASEIRO, GALLETAS, CHUCHES...

MIL GRAZAS POR PENSAR SEMPRE EN NÓS!!!

ESE DÍA PEPE NON NOS PUIDO ACOMPAÑAR XA QUE ESTABA AXUDANDO A UN VECIÑO. PERO, DE CAMIÑO DE VOLTA AO COLE, PARAMOS A SALUDALO.

OBRADOIRO DE COCIÑA: PIZZA

 ESTE CURSO COMEZAMOS COS OBRADOIROS DE COCIÑA. 

NO PRIMEIRO DELES ELABORAMOS PIZZA PARA O QUE UTILIZAMOS OS SEGUINTES INGREDIENTES: PAN DE MOLDE, SALSA DE TOMATE, QUEIXO, XAMÓN COCIDO, ACEITUNAS, SALCHICHAS E TOMATES "CHERRY".

PASAMOS UN RATO MOI DIVERTIDO COCIÑANDO E, POR SUPOSTO, DESPOIS PAPANDO!!!

APERTURA DA BIBLIOTECA

 NO MES DE OUTUBRO ABRIU AS SÚAS PORTAS A BIBLIOTECA DO COLE E TAMÉN O PRÉSTAMO DE LIBROS PARA CASA.

RUFIÑO SEMPRE NOS TEN BEN INFORMADOS DE TODO O QUE PASA NA BIBLIO.

NESTA OCASIÓN ENVIOUNOS ESTE VÍDEO!!!

RUFIÑO PREPÁRASE PARA O OUTONO

 EN SETEMBRO TIVEMOS UN ENCARGO DO EQUIPO DE BIBLIOTECA: PREPARAR A RUFIÑO PARA O OUTONO.

CONSISTÍA EN DECORAR A SÚA VESTIMENTA OUTONAL E A NOSA CLASE TOCOUNOS O ABRIGO.

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI DECIDIR DE QUE COR ÍA SER E HOUBO UN EMPATE TÉCNICO ENTRE O ROSA E O LILA, ASÍ QUE, METADE DUNHA, METADE DOUTRA.´

POR EQUIPOS FOMOS PINTANDO UN ANAQUIÑO DO ABRIGO PARA REMATAR ESTAMPANDO UNS SELLOS.

NESTA FOTO PODEDES COMPROBAR O BONITIÑO QUE NOS QUEDOU!!!

(E MOI COMBINADO NAS CORES... SEN POÑERNOS DACORDO)

O CARACOL VIAXEIRO

CO COMEZO DO OUTONO A FINAIS DE SETEMBRO ESCOITAMOS A HISTORIA DO CARACOL VIAXEIRO.
A PARTIR DE COÑECER ESTE CONTO CREAMOS OS NOSOS PROPIOS CARACOIS.


OS PASOS FORON OS SEGUINTES: PRIMEIRO PINTAMOS O FONDO UTILIZANDO AS CORES LARANXA, AMARELO, VERMELLO, VERDE E MARRÓN.
POR OUTRO LADO CADA UN PINTOU O CARACOL QUE MÁIS LLE GUSTABA.
POR ÚLTIMO DECIDIRON UN NOME PARA OS SEU CARACOL.
AQUÍ TEDES OS RESULTADOS!!