O NOSO CENTRO ESTÁ PARTICIPANDO DURANTE ESTE CURSO NUN PROGRAMA DE FORMACIÓN ENTRE IGUAIS CHAMADO "OBSERVA_ACCIÓN".
NUNHA PRIMEIRA FASE PARTICIPARON OS MESTRES DO COLE NUNHA OBSERVACIÓN POR PARELLAS PARA APRENDER UNS DE OUTROS.
AGORA ESTAMOS NA SEGUNDA FASE NA QUE A OBSERVACIÓN É CON OUTRO CENTRO DA NOSA COMUNIDADE AUTÓNOMA. O CEIP DE PARADA-CAMPAÑÓ TIVO A SORTE DE SER EMPARELLADO CO CEIP PONTE DOS BROZOS, DE ARTEIXO, PARA COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA.
ASÍ, O PASADO 31 DE MAIO, VISITARON O NOSO CENTRO 5 MESTRAS (3 DELAS DE EDUCACIÓN INFANTIL) E PASARON UN BO RATO NA AULA DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL OBSERVANDO ALGUNHAS DAS COUSIÑAS QUE FACEMOS NO NOSO DÍA A DÍA: AS RUTINAS, ROBÓTICA, RECUNCHOS DE PASILLO, GRAFISMO CREATIVO, PATIOS DINÁMICOS, CONTACONTOS DA BIBLIOTECA...
COMPARTIMOS POR AQUÍ ALGUNHAS FOTIÑOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario