O PASADO 19 DE MAIO TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS DE EXCURSIÓN A PONTEVEDRA.
COMEZAMOS A MAÑÁ VISITANDO O MUSEO DE PONTEVEDRA, ONDE NOS FIXERON UNHA VISITA "SENSORIAL" POR MOITAS DAS OBRAS PICTÓRICAS QUE ALÍ TEÑEN. PUIDEMOS ESCOITAR, VER, ULIR, SENTIR E EXPERIMENTAR COS DIFERENTES CADROS. TODA UNHA EXPERIENCIA!!!
DESPOIS DE ESTAR ALGO MÁIS DUNHA HORA BEN ATENTAS E ATENTOS TOCOU FACER UNHA PARADIÑA PARA MERENDAR MOITA FROITA E GALLETAS E XOGAR NO PARQUE.
A CONTINUACIÓN, E EN PARELLAS, FOMOS CAMIÑANDO ATA O SUPERMERCADO GADIS. ALÍ VISITAMOS AS INSTALACIÓNS E FALAMOS SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE.
POR ÚLTIMO, E XA REMATANDO A MAÑÁ, MONTAMOS NO BUS PARA VOLVER AO COLE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario