O EDLG (EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA) DO NOSO COLE LEVA SEMANAS TRABALLANDO NUN MURAL MOI CHULO.
PODEDES ATOPALO NA ENTRADA DO COLE E, AÍNDA QUE NON ESTÁ REMATADO, VAI COLLENDO FORMA.
TRÁTASE DUN MAPA NO QUE ESTÁN TODAS AS COMARCAS DE GALICIA.
TODO O ALUMNADO DO CENTRO PARTICIPA E A NÓS, OS PEQUENOS DO COLE, TOCOUNAS A TAREFA DE PINTAR ALGUNHAS PEZAS DESTE PUZZLE.
SEIS PEZAS EN TOTAL CORRESPONDENTES A SEIS COMARCAS.
A PRIMEIRA PARTE DO TRABALLO CONSISTIU EN LOCALIZAR QUE COMARCAS ERAN NO MAPA GRANDE (PARA ASÍ COMPROBAR DE QUE COR AS TIÑAMOS QUE PINTAR).
A SEGUNDA PARTE CONSISTIU EN MANCHARSE UN POUQUIÑO PARA DARLLE COR ÁS PEZAS. CADA EQUIPO ENCARGOUSE DE PINTAR UNHA PEZA COA AXUDA DA PROFE ANDREA BAYER.
CANDO OS MAIORES ACABEN DE RECOLLER A INFORMACIÓN DAS COMARCAS (A SÚA TAREFA) PUBLICAREMOS O RESULTADO FINAL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario