domingo, 20 de febreiro de 2022

EXPERIMENTOS: VOLCÁN DE LIMÓN

 O EXPERIMENTO DESTA SEMANA CONSISTIU EN CONSEGUIR NA CLASE UN "VOLCÁN".

O MATERIAL NECESARIO PARA FACELO ESTABA METIDO NUNHA CAIXA E, GRAZAS A UNHA SERIE DE PISTAS, OS PEQUES FÓRONOS DESCUBRINDO: BICARBONATO SÓDICO, LIMÓN E XEL DE DUCHA.




PRIMEIRO, CORTAMOS O LIMÓN E ESPREMEMOS UN POUCO DO SEU ZUME. DESPOIS, NUNHA DAS PARTES CORTADAS BOTAMOS O BICARBONATO SÓDICO E O XEL.


POR ÚLTIMO, O ZUME DE LIMÓN E... VOILÀ...



QUEREDES VER O QUE PASOU?



UNHA DAS DÚBIDAS QUE NOS XURDIU NO EXPERIMENTO FOI... A ESPUMA ESTÁ QUENTE COMO A LAVA DUN VOLCÁN DE VERDADE OU ESTÁ FRÍA?

ASÍ QUE, CON COIDADO, PASAMOS A COMPROBALO:






Ningún comentario:

Publicar un comentario