venres, 16 de outubro de 2020

RECREANDO "OUTONO" DE ARCIMBOLDO

 DURANTE A SEMANA PASADA ESTIVEMOS TRABALLANDO EN TORNO A ESTE CADRO DE OUTONO DO ARTISTA ITALIANO DE NOME ARCIMBOLDO.


CONVERSAMOS SOBRE QUEN APARECÍA, COMO ESTABA COLOCADO, QUE ELEMENTOS OBSERVABAN...

ANTE A PREGUNTA DE SE QUERÍAN FACER O SEU PROPIO CADRO COA SÚA FOTO A RESPOSTA FOI UNÁNIME: SIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII!!!

PASAMOS ENTÓN A FACER A FOTO, PARA O QUE TIVEMOS QUE PENSAR COMO COLOCARNOS. 
DESPOIS A PARTE MÁIS ARTÍSTICA: PINTAR OS ELEMENTOS, PEGALOS, PINTAR A ROUPA CON TÉMPERA, PINTAR O FONDO CON ACUARELAS...

E... TATATACHÁNNNNN: O RESULTADO FINAL:


ESTAMOS CASE TODOS... FALTA  O NOSO COMPI AARÓN QUE A SEMANA PASADA ESTIVO MALIÑO.

SEGURO QUE VOS ARRANCAMOS UNHA SONRISA CON ESTAS FOTOS!!!





















Ningún comentario:

Publicar un comentario