xoves, 15 de outubro de 2020

OS NOSOS PEIXIÑOS

 HOXE FOI UN DÍA MOI ESPECIAL NA NOSA CLASE POR DOUS MOTIVOS:

- VISITOUNOS RUFIÑO!! QUE PENA QUE ESTE ANO NON PODEMOS VISITALO NA BIBLIOTECA. PERO BOTABA MOITO DE MENOS OS NOSOS BICOS E ABRAZOS. E PUIDEMOS DARLLOS NA DISTANCIA PARA QUE VOLTARA A SÚA CASIÑA CHEO DE AMOR.

- E RUFIÑO NON VIÑA SÓ!!! COMO SABE QUE ESTAMOS APRENDENDO COUSIÑAS SOBRE OS ANIMAIS DO MAR... AGASALLOUNOS CON DOUS FERMOSOS PEIXIÑOS.



E CLARO... O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI OBSERVALOS DE CERCA. 

ISO SI!!! SEN TOCAR PARA NON MOLESTALOS.






QUE COIDADOS NECESITAN OS NOSOS PEIXIÑOS??

 IREMOS INVESTIGANDO DÍA A DÍA... 

DE MOMENTO SABEMOS QUE PRECISAN COMER E ESA SERÁ TAREFA DO ENCARGADO OU ENCARGADA DE CLASE. HOXE FOI MARCO!!!


E O ÚLTIMO NO QUE ESTIVEMOS OCUPADOS HOXE FOI EN DECIDIR O SEU NOME.

PRIMERO FIXEMOS UNHA RONDA DE PROPOSTAS:

- MIGUEL (ANXO)

- PEQUERRECHIÑO (CARLOS)

- JUANITO (LÍA)

- CHIS (SARA)

- PASTELITO (CINTHIA)

- CHUCHERITO (TEO)

- BÁTECAN (LARA)

- SPIDERMAN (IRENE)

E ALGÚN OUTRO QUE TIVEMOS QUE DESCARTAR, BEN PORQUE ERA UN POUCO OFENSIVO, BEN PORQUE ERAN NOMES DE NENOS DA CLASE E PODÍA DAR LUGAR A CONFUSIÓN.

DESPOIS DUNHA DIFÍCIL VOTACIÓN , O RESULTADO DEFINITIVO É:

 

("GALEGUIZAMOS" O NOME PARA QUE NOS SEXA MÁIS FÁCIL IDENTIFICAR A SÚA INICIAL E O SEU NOME NA NOSA LINGUA)

E AGORA... A COIDALOS E MIMALOS MOITÍSIMO!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario