E NO MES DE DECEMBRO TIVEMOS UNHA SAÍDA DE TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA.
PERO ANTES APROVEITAMOS PARA DAR UN PASEO POLA ALAMEDA E VER ALGUNHAS DAS DECORACIÓNS DE NADAL QUE HAI NA CIDADE.
TAMÉN FIXEMOS UNHA PARADA NO PARQUE, MÁIS BEN NOS DOUS PARQUES QUE HAI NA ALAMEDA.
E PARA REMATAR A XORNADA VISITA Á BIBLIOTECA ONDE NOS CONTARON UN CONTO E PASAMOS UN RATO BEN ENTRETIDO COÑECENDO AS SÚAS INSTALACIÓNS E OS LIBROS COS QUE CONTAN NA SECCIÓN INFANTIL.
E AQUÍ QUEDA O ENLACE PARA PODER O ÁLBUM DE FOTOS COMPLETO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario