martes, 3 de decembro de 2024

LIBRO VIAXEIRO: A PELÍCULA FAVORITA DE MAIRA É "VAIANA"

 MAIRA TEN COMO PELI FAVORITA VAIANA. 

A PERSONAXE QUE MÁIS LLE GUSTA É A PROTAGONISTA, VAIANA. ADEMAIS FALOUNOS DA ILLA DE TEFITI E OUTROS COMPAÑEIROS DE AVENTURAS QUE APARECEN NA PELÍCULA.

MOITAS GRACIAS POLA TÚA EXPOSICIÓN!!



LIBRO VIAXEIRO: VALERIA QUERE SER DE MAIOR PASTELEIRA

 VALERIA TEN CLARO QUE DE MAIOR QUERE DEDICARSE A SER PASTELEIRA.

NA SÚA COCIÑA ELABORARÁ GALLETAS, BISCOITOS, MADALENAS... TODO RICO, RICO E FEITO CON MOITO AMOR.

ESTAMOS DESEXANDO DEGUSTAR OS TEUS DOCES!!!


SESIÓN DE CINE DE NADAL: EL GRINCH

 O PASADO VENRES TIVEMOS NOVA SESIÓN DE CINE. NESTA OCASIÓN DE TEMÁTICA NAVIDEÑA: EL GRINCH.

COMO É UNHA PELÍCULA UN POUCO LONGA SÓ VISIONAMOS A PRIMEIRA PARTE, QUE CONTINUAREMOS O VINDEIRO VENRES.

NA CLASE, COLLIMOS OS MOEDEIROS PARA PODER COMPRAR A ENTRADA (4 €) MÁIS UN PAQUETE DE CHUCHES (2 €). EN TOTAL NECESITAMOS 6 € QUE PUIDEMOS CONSEGUIR COMBINANDO MOEDAS DE 1 € E DE 2 €.



XA NA BIBLIOTECA COMPARTIMOS A SESIÓN DE CINE XUNTO CO RESTO DE COMPIS DE INFANTIL!!










LIBRO VIAXEIRO: A PELÍCULA FAVORITA DE JORGE É "MASCOTAS 2"

 JORGE FALOUNOS DA SÚA PELI FAVORITA, MASCOTAS 2.

DÍXONOS QUE LLE GUSTABA MOITO PORQUE TRATABA SOBRE A AMIZADE.

A SÚA PERSONAXE FAVORITA É GALLO, PERO TAMÉN APARECEN MAX, LIAN, POMPÓN...


LIBRO VIAXEIRO: LUCAS OTERO QUERE SER VETERINARIO

 LUCAS DE MAIOR QUERE SER VETERINARIO.

ENCÁNTANLLE OS ANIMAIS, SOBRE TODO OS CABALOS, E NA SÚA CLÍNICA VETERINARIA ATENDERÍA A CANS, GATOS, OVELLAS... E CALQUERA OUTRO QUE NECESITE OS SEUS COIDADOS.

SEGURO QUE O FARÁS XENIAL LUCAS!!


25 N: O CHUVASQUEIRO DE AURORA

 CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 25 N TODOS OS PEQUES DE EDUCACIÓN INFANTIL XUNTÁMONOS NA BIBLIOTECA PARA ESCOITAR A HISTORIA DE "O CHUVASQUEIRO DE AURORA", CONTADO POLA PROFE TANYA.










DESPOIS CADA UN E CADA UNHA ELABOROU O SEU PROPIO CHUVASQUEIRO PINTANDO DE LILA E COLOCANDO OS BOTÓNS DAS MESMAS CORES QUE OS DE AURORA.








FÓSILES EN BARRO: PINTADO

 DESPOIS DE ESPERAR VARIOS DÍAS A QUE OS NOSOS FÓSILES DE BARRO SECARAN PASAMOS A DARLLE UNHA MAN DE PINTURA.

COAS CORES PROPOSTAS CADA PEQUE FOI PINTANDO AO SEU GUSTO E DÁNDOLLE UN TOQUE MOI PERSOAL A ESAS FIGURAS!!




FELICIDADES LUCAS!!

 REMATANDO O MES DE NOVEMBRO E TAMÉN O ANO 2024 CHEGOU O ANIVERSARIO DE LUCAS NOGUEIRA.

FESTEXOU A CHEGADA DOS SEUS 5 ANOS RODEADO DOS AMIGOS E AMIGAS DO COLE.

AGARDAMOS QUE PASARA UN DÍA ESTUPENDO. 

FELICIDADES LUCAS!!



CHARLA SOBRE SAÚDE

 O PASADO 19 E 21 DE DECEMBRO ESTIVERON DE VISITA NO NOSO COLE ENFERMEIRAS DO CENTRO DE SAÚDE DE LÉREZ.

O MARTES DERON UNHA CHARLA SOBRE SAÚDE PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E O XOVES PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA.


EXPLICÁRONNOS AS COUSAS QUE PODEMOS ATOPAR NAS CONSULTAS, COMO DEBEMOS ACTUAR, QUE NON DEBEMOS TER MEDO, A QUE NÚMERO CHAMAR EN CASO DE URXENCIA...







PARA AXUDAR NA EXPLICACIÓN TROUXERON UN OSIÑO QUE FIXO QUE O ENTENDERAMOS TODO MOI BEN.


AO FINAL AGASALLÁRONNOS CUNHAS PEGATINAS SUPERCHULAS.

MOITÍSIMAS GRACIAS POR ESTA CHARLA TAN INTERESANTE!!!

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER AS IMAXES CORRESPONDENTES A AMBOS DÍAS:

CHARLA CENTRO SAÚDE LÉREZ