O PASADO MÉRCORES TIVEMOS OUTRA SAÍDA, CO QUE NOS GUSTA!!
O ALUMNADO DE 5º E 6º DE INFANTIL E DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA FOMOS AO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA PARA ASISTIR A UN CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO.
O SEU DIRECTOR, ALFREDO, FOINOS PRESENTANDO AOS INSTRUMENTOS ALÍ PRESENTES.
- OS DE VENTO MADEIRA: FLAUTA, CLARINETE, CLARINETE BAIXO, FAGOT E SAXOFÓN.
- OS DE VENTO METAL: TROMPETA, CISCORNO, TROMPA, TROMBÓN DE VARAS, BOMBARDINO E TUBA.
- OS DE CORDA FROTADA: CONTRABAIXO E VIOLONCELLO.
- OS DE PERCUSIÓN.
- A BATUTA DO DIRECTOR.
CADA INSTRUMENTO FOI INTERPRETANDO UNHA PEZA PEQUENA E DESPOIS TODOS XUNTOS TOCARON VARIAS CANCIÓNS.
PASAMOS UNHA HORA BEN DIVERTIDA!!!
SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS AQUÍ QUEDA O ENLACE AO ÁLBUM
Ningún comentario:
Publicar un comentario