domingo, 29 de setembro de 2024

APERTURA DA BIBLIOTECA

 O PASADO VENRES ESTABAMOS NA NOSA CLASE MERENDANDO E, DE SÚPETO, PETARON FORTE NA PORTA.

ÁNGELA FOI ABRIR A PORTA E ATOPOUSE CUN GLOBO AMARELO QUE TIÑA UNHA MENSAXE COLGADA.

DESENROLAMOS O PAPEL E ALÍ POÑÍA QUE RUFIÑO NOS DEIXARA UNHA MENSAXE NA NOSA PANTALLA.

ASÍ QUE ENCENDIMOS A PANTALLA E, EFECTIVAMENTE, ALÍ APARECEU RUFIÑO!!!



RESULTA QUE A BIBLIOTECA ESTARÁ ABERTA A PARTIR DE LUNS E XA PODEREMOS LEVAR LIBROS EN PRÉSTAMO!!!

PLANTACIÓN DE NARCISOS

 E COMEZAMOS A TEMPADA DE PLANTACIÓNS!!

NESTA OCASIÓN PLANTAMOS BULBOS DE NARCISOS NUNHAS MACETAS.

ESTRENAMOS UN CARRO DE CULTIVO NOVO ONDE REMOVEMOS A TERRA E FOMOS PLANTANDO OS NOSOS BULBOS.

AGORA TOCA REGALOS CON MOITO MIMO PARA VER AS SÚAS FLORES DENTRO DUNHAS SEMANAS!!!













SAÍDA AO CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

 O PASADO MÉRCORES TIVEMOS OUTRA SAÍDA, CO QUE NOS GUSTA!!

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE INFANTIL E DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA FOMOS AO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA PARA ASISTIR A UN CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO.

O SEU DIRECTOR, ALFREDO, FOINOS PRESENTANDO AOS INSTRUMENTOS ALÍ PRESENTES.

- OS DE VENTO MADEIRA: FLAUTA, CLARINETE, CLARINETE BAIXO, FAGOT E SAXOFÓN.

- OS DE VENTO METAL: TROMPETA, CISCORNO, TROMPA, TROMBÓN DE VARAS, BOMBARDINO E TUBA.

- OS DE CORDA FROTADA: CONTRABAIXO E VIOLONCELLO.

- OS DE PERCUSIÓN.

- A BATUTA DO DIRECTOR.

CADA INSTRUMENTO FOI INTERPRETANDO UNHA PEZA PEQUENA E DESPOIS TODOS XUNTOS TOCARON VARIAS CANCIÓNS.

PASAMOS UNHA HORA BEN DIVERTIDA!!!


























SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS AQUÍ QUEDA O ENLACE AO ÁLBUM

SAÍDA BANDA MÚSICA SALCEDO

NOVO PROXECTO: AS PROFESIÓNS

 ESTA SEMANA FIXEMOS A VOTACIÓN DO PROXECTO NO QUE IMOS ESTAR CENTRADOS NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE.

TRAS O RECONTO DE VOTOS ESTE FOI O RESULTADO FINAL!!!

BOSQUES DE OUTONO

 COA CHEGADA DO OUTONO FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE ARTÍSTICA.

CONSISTIU EN FACER UN CADRO DUN BOSQUE DE OUTONO UTILIZANDO AS CORES PROPIAS DESTA ESTACIÓN.

POR OUTRO LADO ELIXIMOS UN ANIMAL QUE VIVE NO BOSQUE DE VARIOS PROPOSTOS E ESCRIBIMOS NUNHA TARXETA A PALABRA OUTONO, CADA QUEN A SÚA MANEIRA.

QUEREDES VER O RESULTADO??









domingo, 22 de setembro de 2024

FLORES PARA O FIC!!

 DESDE O FESTIVAL DE CURTAS DE FIC PEDIRON SE PODÍAMOS ELABORAR FLORES PARA O XARDÍN QUE ESTABAN CREANDO NA SÚA ENTRADA.

E COMO SOMOS BEN GUIADIÑOS... PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA APORTAR A NOSA FLOR.

ASÍ DE CHULAS QUEDARON!!!