PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, O PASADO 23 DE ABRIL, RUFIÑO ENVIOUNOS UNHA MENSAXE.
NELA CONTOUNOS O QUE QUERÍA QUE FIXERAMOS PARA CELEBRAR ESE DÍA TAN ESPECIAL PARA EL.
NA NOSA CLASE ELIXIMOS UN LIBRO DE ASIA, EN CONCRETO DE CHINA, XA QUE É O PÁIS NO QUE ESTAMOS CENTRANDO AS NOSAS INVESTIGACIÓNS.
GRAZAS A ESTE CONTO DESCUBRIMOS TODOS OS ANIMAIS QUE FORMAN O HORÓSCOPO CHINO E FOMOS DESCUBRINDO O NOSO ANIMAL, O DOS NOSOS FAMILIARES, COMPIS DO COLE...
TAMÉN, COMO NOS DIXO RUFIÑO, COLOCAMOS O NOSO LIBRO NA CORTIZA DA RUFITECA, XUNTO COS LIBROS DAS DEMAIS CLASES.
POR OUTRA BANDA, NOS ÚLTIMOS MESES, ESTIVEMOS ELABORANDO UN LIBRO VIAXEIRO EN CONXUNTO, TODAS AS CLASES DO COLE.
A NOSA APORTACIÓN Á HISTORIA "A MÁQUINA DO TEMPO" FORON AS PÁXINAS 13 E 14.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE MOITO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario