EMMA E SABRINA, DA CLASE DE 3º PRIMARIA, VIÑERON A CLASE PARA UNHA NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS.
DENTRO DA PROGRAMACIÓN DE BIBLIOTECA TEMOS A SORTE DE CONTAR CON ESTAS VISITAS.
SABRINA E EMMA CONTARON "MI VIDA DE ABEJA". MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
EMMA E SABRINA, DA CLASE DE 3º PRIMARIA, VIÑERON A CLASE PARA UNHA NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS.
DENTRO DA PROGRAMACIÓN DE BIBLIOTECA TEMOS A SORTE DE CONTAR CON ESTAS VISITAS.
SABRINA E EMMA CONTARON "MI VIDA DE ABEJA". MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
O 15 DE MAIO CONMEMÓRASE O DÍA DA FAMILIA.
NA NOSA CLASE ESTIVEMOS VENDO O CONTO "MI FAMILIA" NO QUE ESTÁN REPRESENTADAS MOITAS VARIEDADES DA MESMA.
COMO ACTIVIDADE CADA PEQUE DECOROU UNHA CASIÑA E NO SEU INTERIOR DEBUXOU AOS SEUS FAMILIARES E MASCOTAS MÁIS PRÓXIMAS.
PARABÉNS A TODAS AS FAMILIAS AFORTUNADAS DOS NOSOS PEQUES!!!
NA SESIÓN DE GRAFISMO TIVO COMO TEMA CENTRAL AS FORMAS E CONTORNOS. PARA TRABALLAR NESTA ACTIVIDADE HABÍA QUE SEGUIR AS SEGUINTES INSTRUCIÓNS:
- PEGAR NA LIÑA GOMETS SEGUINDO A SEGUINTE PREMISA: NON PODÍAN PEGARSE XUNTAS PEGATINAS COA MESMA FORMA OU MESMA COR.
- FACER CON ROTULADORES O CONTORNO DA LIÑA CONSEGUIDA, TANTO POR ENRIBA COMO POR ABAIXO.
- ELEXIR UN FOLIO DE COR E PEGAR O TRABALLO NO CENTRO.
- DECORAR O MARCO EXTERIOR CON TRAZOS DOS XA TRABALLADOS ANTERIORMENTE.
E O RESULTADO FOI...
A COMEZOS DO MES DE MAIO FOMOS OUTRA VEZ DE EXCURSIÓN, QUE ALEGRÍA!!
VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA. EN CONCRETO PARTICIPAMOS NA ACTIVIDADE
"GRANDÍA, A BRUXA DE CORES".
NUNHA SALA DO MUSEO, A NOSA MONITORA SABELA, FOINOS CONTANDO A HISTORIA DESTA BRUXA A TRAVÉS DE CADROS PRESENTES NA SALA.
DESPOIS PUIDEMOS DARLLE COR A UN DEBUXO DE GRANDÍA.
AO SALIR DO MUSEO ACHEGÁMONOS A UN PARQUE MOI PRETO DE ALÍ PARA MERENDAR E XOGAR UN BO RATO.
NON PUIDO ACABAR MELLOR A XORNADA!!!
NAYRA E ANA, QUE XA FIXERAN UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS NA NOSA CLASE, QUIXERON REPETIR... E NÓS ENCANTADAS!!!
NESTA OCASIÓN TROUXERON O CONTO "A QUE SABE A LÚA", PERO NON SÓ O LIBRO, SE NON TAMÉN TODOS OS ANIMAIS QUE FORMAN PARTE DA HISTORIA.
FIXÉRONO XENIAL E TIVERON UN MONTÓN DE APLAUSOS AO REMATAR. PARABENS!!!