O LIBRO VIAIXEIRO COMEZOU A SÚA VIAXE POLA CASA DE TODOS OS PEQUES DA NOSA CLASE.
A PRIMEIRA PARADA FOI NA BIBLIOTECA, CON RUFIÑO.
EL PRESENTOUNOS AO SEU ANIMAL FAVORITO: O PORCO. E CONTOUNOS COUSAS MOI INTERESANTES SOBRE EL.
A SEGUINTE PARADA FOI NA CASA DE UXÍA.
UXÍA PRESENTOUNOS A PUPPY, UN COELLIÑO QUE TIVO A SÚA TÍA ALBA. VIVIU DURANTE 10 ANOS E NALGUNHA OCASIÓN VISITOU A UXÍA NA SÚA CASA.
ADEMAIS DE CONTARNOS MOITAS OUTRAS COUSAS TAMÉN NOS DEIXOU TOCAR UN CACHIÑO DE ALGODÓN PARA PODER DESCUBRIR O SUAVE QUE ERA PUPPY.
FABULOSO TRABALLO E PRESENTACIÓN UXÍA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario