luns, 23 de xaneiro de 2023

LIBRO VIAXEIRO: RUFIÑO E UXÍA

 O LIBRO VIAIXEIRO COMEZOU A SÚA VIAXE POLA CASA  DE TODOS OS PEQUES DA NOSA CLASE.

A PRIMEIRA PARADA FOI NA BIBLIOTECA, CON RUFIÑO.

EL PRESENTOUNOS AO SEU ANIMAL FAVORITO: O PORCO. E CONTOUNOS COUSAS MOI INTERESANTES SOBRE EL.

A SEGUINTE PARADA FOI NA CASA DE UXÍA.

UXÍA PRESENTOUNOS A PUPPY, UN COELLIÑO QUE TIVO A SÚA TÍA ALBA. VIVIU DURANTE 10 ANOS E NALGUNHA OCASIÓN VISITOU A UXÍA NA SÚA CASA.

ADEMAIS DE CONTARNOS MOITAS OUTRAS COUSAS TAMÉN NOS DEIXOU TOCAR UN CACHIÑO DE ALGODÓN PARA PODER DESCUBRIR O SUAVE QUE ERA PUPPY.




FABULOSO TRABALLO E PRESENTACIÓN UXÍA!!!

FELIZ CUMPLEAÑOS VALERIA!!

 E CONTINUAMOS DE CELEBRACIÓN CON VALERIA E OS SEUS 4 ANOS!!!

CUNHA BONITA COROA ROSA NA SÚA CABEZA VALERIA ESTABA BEN ORGULLOSA E ALEGRE DE CUMPLIR ANOS.

QUE TARTA MÁIS RICA NOS TROUXO PARA CELEBRALO RODEADO DOS SEUS AMIGOS E AMIGAS DO COLE!!















CONTO: O PARAUGAS DE CEBRA

 NUNHA DAS VISITAS Á BIBLIOTECA BAIXAMOS PARA CLASE O CONTO " O PARAUGAS DE CEBRA".

NEL CONTA COMO NUN DÍA CHUVIOSO NA SABANA CEBRA VAI ABRIGANDO A TODOS OS ANIMAIS QUE SE ATOPA BAIXO O SEU GRAN PARAUGAS.

E SABEDES POR QUE É DE MOITAS CORES??? PARA QUE TODOS E TODAS O POIDAN VER E IR A RESGARDARSE DA CHUVIA.

E ASÍ FORON PINTANDO OS SEUS PARAUGAS OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 3 ANOS...