O VENRES FOMOS DAR UN PASEO DE OUTONO NUN DÍA PRECIOSO, BAIXO OS RAIOS DO SOL.
O DESTINO ERA A CASA DE PILI E PEPE, UNS VECIÑOS QUE VIVEN CERCA DO COLE.
DESPOIS DE IR CAMIÑANDO, ALÍ NOS ESTABAN ESPERANDO, NA SÚA CASA.
PUIDEMOS BUSCAR CASTAÑAS NOS SEUS CASTIÑEIROS, FALÁRONNOS DE TODAS AS ÁRBORES QUE TEÑEN NA SÚA FINCA, DE POR QUE CAEN AS FOLLAS NO OUTONO, PROBAMOS O MEL E MARMELO CASEIROS, ETC.
MIL GRAZAS AOS DOUS POLA SÚA HOSPITALIDADE E XENEROSIDADE!!!
E SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS, AQUÍ VOS QUEDA A GALERÍA:
Ningún comentario:
Publicar un comentario