domingo, 20 de novembro de 2022
NOVIDADES NO RECUNCHO DO PASILLO
GRAFISMO CREATIVO: AS NOSAS MANS
DURANTE ESTE CURSO DEDICAREMOS DIFERENTES SESIÓNS A TALLERES EN TORNO AO "GRAFISMO CREATIVO".
O OBXECTIVO É TRABALLAR A GRAFOMOTRICIDADE, É DICIR, OS TRAZOS PREVIOS NECESARIOS Á ESCRITURA, DO TIPO: TRAZOS VERTICAIS E HORIZONTAIS, CÍRCULOS, BUCLES, ETC. DUNHA MANEIRA ORIXINAL E CREATIVA.
PARA A ACTIVIDADE DESTA SEMANA PRIMEIRO PASAMOS POLA SALA DE PROFES XA QUE ALÍ ESTÁ A FOTOCOPIADORA, NECESARIA PARA LEVAR A CABO O TRABALLO.
UN POR UN FOMOS PASANDO POLA MÁQUINA PARA... FOTOCOPIAR A NOSA MAN!!!
DESPOIS, XA NA CLASE, TIÑAMOS QUE CONTINUAR A DIRECCIÓN DOS NOSOS DEDOS CON TRAZOS RECTOS UTILIZANDO ROTULADORES DE CORES.
QUEREDES VER O RESULTADO?
PUZZLES DA NOSA CARA
SEGUINDO CO TRABALLO EN TORNO ÁS PARTES DA NOSA CARA FIXEMOS ESTA ACTIVIDADE.
CADA UNHA DAS NOSAS CARAS ESTABA DIVIDIDA EN TRES PARTES E MISTURADAS ENTRE ELAS.
NUNHA PRIMEIRA PARTE A PROFE FOINOS ENSINANDO UNHA POR UNHA E FOMOS RECOÑECENDO PERFECTAMENTE DE A QUEN CORRESPONDÍA.
DESPOIS, POR PARELLAS, TIVEMOS QUE BUSCAR ÁS QUE PERTENCÍAN A NOSA PROPIA CARA.
POR ÚLTIMO, PEGAMOS AS PEZAS DE FORMA CORRECTA E PINTAMOS CON PINCEL AO REDOR COMA SE FORA O MARCO DUNHA FOTO.
QUEREDES VER O PROCESO??
venres, 18 de novembro de 2022
PLANTAMOS UN BULBO DE TULIPÁN
A COMEZOS DA SEMANA E APROVEITANDO UNHA MAÑÁ DE SOL... FIXEMOS UNHA PLANTACIÓN.
NESTA ÉPOCA DE OUTONO PLÁNTANSE DIFERENTES BULBOS E, ENTRE ELES, O QUE PLANTAMOS NÓS: BULBOS DE TULIPÁN.
NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES COMPROBAR AS DIFERENTES FASES DO PROCESO.
XA NA CLASE, PINTAMOS AO GUSTO DE CADA UN, UN TULIPÁN XA CRECIDO QUE ESPEREMOS SEXA O RESULTADO FINAL (E REAL) DA NOSA PLANTACIÓN.
DÍA A DÍA IREMOS COIDANDO PARA VER NUNS MESES A NOSA FLOR!!!