luns, 10 de outubro de 2022

QUE COMEN AS GALIÑAS?

 UN DOS PRODUTOS QUE TROUXERON A CLASE OS PEQUES FORON UNHAS ESPIGAS OU MAZAROCAS DE MILLO, E COMPROBAMOS QUE AS HAI DE VARIAS CORES.

E A PROFE PREGUNTOU.... QUEN COME AS ESPIGAS?

E AS RESPOSTAS FORON VARIADAS E ACERTADAS: OS NENOS E AS NENAS, E TAMÉN AS GALIÑAS!!!

ASÍ QUE... NOS PUXEMOS MANS Á OBRA PARA DEBULLAR O MILLO COAS NOSAS PEQUENAS MANS E DEDIÑOS. E LOGO DÉMOSLLE DE COMER AS NOSAS GALIÑAS E PITIÑOS.

MIRADE, MIRADE... QUE BEN O FIXERON!!!!






















Ningún comentario:

Publicar un comentario