sábado, 22 de outubro de 2022

"BOOK FACE" DA BIBLIOTECA

 O PRÓXIMO LUNS 24 DE OUTUBRO CONMEMÓRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

UNHA DAS PROPOSTAS DE RUFIÑO PARA FESTEXALO FOI FACER UN "BOOK FACE".

AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS DE TODOS OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 3 ANOS, DA PROFE E TAMÉN A DE RUFIÑO!!!


















E NA PORTA DA ENTRADA DA NOSA CLASE PODEDES ATOPAR TODAS AS FOTOS

DÍA DO PAN

 O PASADO DÍA 16 DE OUTUBRO FOI O DÍA DO PAN, UN DOS PRODUTOS FUNDAMENTAIS NO NOSO DÍA A DÍA.

CON TAL MOTIVO, NATALIA E DANI, A MAMÁ E O PAPÁ DE ROQUE, VIÑERON VISITARNOS A NOSA CLASE.

CONTÁRONNOS UN MONTÓN DE DATOS INTERESANTES DESTE ALIMENTO: QUE INGREDIENTES NECESITAMOS PARA FACELO, OS PASOS, COMO DEGUSTALO...

E AO FINAL DE TODO REPARTIRON PAN PARA PROBALO E TAMÉN PARA LEVAR PARA CASA.

MIL GRAZAS POLA VISITA!!!!


















AS NOSAS CABAZAS

 AGORA QUE SE ACHEGA O SAMAÍN ESTIVOS PREPARANDO NA CLASE UNHAS CABAZAS.

O PRIMEIRO PASO FOI PINTALAS E O SEGUINTE PREPARALAS PEGÁNDOLLES DIFERENTES COMPLEMENTOS.

O RESULTADO: UNHAS CABAZAS UN POUCO TERRORÍFICAS E MONSTRUOSAS, PERO AO MESMO TEMPO, BONITAS E ELEGANTES.

CADROS DE OUTONO

 UTILIZANDO TÉMPERAS DAS CORES MÁIS PROPIAS DO OUTONO, POR UN LADO, E AS FOLLAS APORTADAS POLOS PEQUES DOS SEUS PASEOS POLO MONTE, POR OUTRO LADO...

FORON CREANDO ESTES FERMOSOS CADROS DE OUTONO!!!