DURANTE O MES DE MARZO ESTIVEMOS TRABALLANDO EN TORNO AO XORNAL.
ADEMAIS DE TER DISPOÑIBLES VARIAS EDICIÓNS PARA LER NAS NOSAS CESTIÑAS DE CONTOS, TAMÉN INVESTIGAMOS SOBRE O QUE "FALAN" OS XORNAIS.
ASÍ, DESCUBRIMOS AS SECCIÓNS COAS QUE CONTAN.
PARA ELABORAR O NOSO PROPIO XORNAL FOMOS DECIDINDO QUE NOTICIAS ÍAN APARECER E QUE OUTRAS SECCIÓNS PODÍAMOS FACER.
UNHA VEZ FEITO ESTE PRIMEIRO PASO... DECIDIMOS QUE FOTOS QUERÍAMOS E O TEXTO QUE AS ACOMPAÑARÍA.
PARA ESTE ÚLTIMO PASO UTILIZAMOS O ORDENADOR PARA ESCRIBIR.
NESTE VÍDEO PODEDES VER PARTE DO PROCESO E O RESULTADO FINAL!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario