sábado, 30 de abril de 2022

SAÍDA MUSEO LISTE

 CHEGOU O MOMENTO QUE TANTO, TANTO DESEXABAMOS: UNHA EXCURSIÓN EN AUTOBÚS.

ESTE VENRES FOMOS A VIGO, AO MUSEO LISTE.

ALÍ PARTICIPAMOS NO OBRADOIRO "MAIOS: ENFEITANDO O RODADO".

EXPLICÁRONNOS O QUE ERA UN MAIO PARA PASAR DESPOIS A ELABORAR O NOSO PROPIO CO MATERIAL DA NATUREZA QUE LEVAMOS.

DESPOIS PASAMOS A CANTAR E TOCAR INSTRUMENTOS DE MADEIRA ARREDOR DO MAIO.

POR ÚLTIMO MERENDAMOS E XOGAMOS NAS INMEDIACIÓNS DO MUSEO DISFRUTANDO DO ESTUPENDO DÍA CO QUE CONTAMOS.

PASÁMOLO XENIAL!!!

COCIÑANDO CON ARTE: PASTA DE COLORES

 A SEGUNDA RECEITA QUE VOS PRESENTAMOS LEVA POR TÍTULO "PASTA DE COLORES". MOITAS FORMA E CORES FORMAN PARTE DESTE PLATO RIQUISIMO!!!








COCIÑANDO CON ARTE: ENSALADA RÁPIDA DE CÍRCULOS

 CAMBIAMOS OS MÉRCORES DE EXPERIMENTOS POLOS MÉRCORES DE "COCIÑANDO CON ARTE".

ESTA ACTIVIDADE ESTÁ INSPIRADA NO LIBRO BAIXO O MESMO TÍTULO DE HERVÉ TULLET NA QUE, A PARTIR DUNHA RECEITA, CADA NENA/O ELABORARÁ O SEU PLATO DE COCIÑA.

COMEZAMOS CUNHA ENSALADA RÁPIDA DE CÍRCULOS, NA QUE PODEMOS COMPROBAR COMO, A PARTIR DUNHA MESMA RECEITA, PODEMOS CONSEGUIR ELABORACIÓNS TAN VARIADAS!!!








DÍA DO LIBRO CON "BAOBAB TEATRO"

 O PASADO 25 DE ABRIL CONMEMORAMOS NA BIBLIOTECA DO COLE O DÍA DO LIBRO.

NESTA OCASIÓN TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA COMPAÑÍA "BAOBAB TEATRO" QUE NOS PRESENTOU O SEU ESPECTÁCULO "PALABRAS".

NO ESCENARIO ESTABAN A NOSA QUERIDA PROFE ANDREA ACOMPAÑADA DE DAVIDE E O SEU ACORDEÓN.

MIL GRACIAS POR FACERNOS ESTE AGASALLO TAN BONITO!!!














POR ÚLTIMO DEIXAMOS UNS ANAQUIÑOS DA REPRESENTACIÓN!!





LIBRO VIAXEIRO: LARA

SEGUIMOS COAS PARADAS DO LIBRO VIAXEIRO CON LARA.
DE MAIOR QUERE SER PINTORA PORQUE LLE ENCANTA PINTAR.
PERO TAMÉN QUERE SER VETERINARIA PARA PODER COIDAR OS ANIMAIS E CURALOS CANDO ESTEAN ENFERMOS.
NA SÚA CASA TEN UN MONTÓN DE ANIMAIS COS QUE XA PRACTICA.
SEGURO QUE CONSEGUIRÁS SER O QUE TE PROPOÑAS!!!



 



O XARDÍN DE IRENE

 DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS ESTIVEMOS PRACTICANDO TODOS OS DÍAS PARA PODER MOSTRARVOS ESTE RESULTADO.

A NOSA PROPIA INTERPRETACIÓN E ADAPTACIÓN DO LIBRO "O XARDÍN DE IRENE" DE XOSÉ NEIRA VILAS.

AQUÍ PODEDES VELO, EN FORMATO PODCAST QUE FORMA PARTE DA RADIO ESCOLAR DO NOSO CENTRO , E EN FORMATO VÍDEO CON IMAXES DO CONTO.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!


XIRASOLES PARA CASA

 HAI, MÁIS OU MENOS, PLANTAMOS NUNHA MACETA UNHA PEQUENA PIPA DE XIRASOL.

DESPOIS DUN MES DÁNDOLLE A AUGA E LUZ QUE PRECISABA, E DESPOIS DE IR MEDRANDO POUCO A POUCO, NECESITA IR PARA AS NOSAS CASAS.

POR QUE? PORQUE AGORA QUE XA É GRANDE NECESITA MÁIS ESPAZO E MÁIS TERRA PARA SEGUIR CRECENDO E QUE DEL SAIA UNHA BONITA FLOR.

QUEREDES MIRAR O GRANDES QUE ESTÁN??