O DOMINGO 30 DE XANEIRO FOI O DÍA DA PAZ E, NÓS, CONMEMORÁMOLO NO COLE ESTE LUNS 31 DE XANEIRO.
COMEZAMOS FACENDO UNHA INVESTIGACIÓN SOBRE A ASOCIACIÓN "MENIÑOS", DE PONTEVEDRA E CON TODO O QUE AVERIGUAMOS FIXEMOS UN MURAL. COLOCÁMOLO XUNTO AS INVESTIGACIÓNS DO RESTO DOS NOSOS COMPIS, NA ENTRADA DO COLE.
DURANTE TODA A SEMANA PASADA FIXEMOS UNHA RECOLLIDA DE ALIMENTOS E OUTROS PRODUTOS DE NECESIDADE PARA COLABORAR CON VARIAS ONGs.
TAMÉN FIXEMOS UNHA SOPA DA AMIZADE, NA QUE LLE BOTAMOS INGREDIENTES ESPECIAIS: BIQUIÑOS, SORRISOS, CORAZÓNS, ABRAZOS... CADA EQUIPO ENCARGOUSE DE ELABORAR UNHA, TRABALLANDO EN GRUPO.
POR ÚLTIMO, A MEDIA MAÑÁ, FIXEMOS FILAS NA PISTA CUBERTA PARA CANTAR E BAILAR XUNTOS "CAMPÁS POLA PAZ".
SE QUEREDES VER MÁIS COUSIÑAS FEITAS NO COLE PINCHADE O SEGUINTE ENLACE:
http://orgullodecampano.blogspot.com/2022/01/feliz-dia-da-paz.html?m=1
Ningún comentario:
Publicar un comentario