CHEGOU O 23 DE ABRIL, DÍA NO QUE CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO.
E, POR FIN, PUIDEMOS LEVAR PARA CASA O AGASALLO DO QUE NOS AVISARA RUFIÑO UNS DÍAS ANTES.
TRÁTASE DUN CONTO COLABORATIVO NO QUE PARTICIPOU TODO O ALUMNADO DO COLE: OS DE PRIMARIA FORON OS CREADORES DO TEXTO E OS DE INFANTIL OS ILUSTRADORES. POR ÚLTIMO, AS MESTRAS E MESTRES PUXERON A SÚA VOZ PARA CONTARNOS A BONITA HISTORIA BASEADA NO PROXECTO DE CENTRO: A RECICLAXE.
NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER UNHA VERSIÓN CURTA PARA O ALUMNADO DE INFANTIL.
TAMÉN PODEDES ATOPARA A VERSIÓN COMPLETA NO SEGUINTE ENLACE DO BLOG DO EQUIPO DE EDLG: CONTO COLABORATIVO
E AQUÍ VOS MOSTRAMOS ALGÚNS MOMENTOS DO PROCESO DE CREACIÓN:
O VENRES TAMÉN FIXEMOS UNHA POSTA EN COMÚN DAS PERSONAXES DE CONTO QUE COÑECEMOS E QUE, LOGO, DEBUXAMOS NUNS MURAIS CONXUNTOS POR EQUIPOS.
NON PUIDERON QUEDAR MÁIS BONITOS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario