sábado, 24 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

 CHEGOU O 23 DE ABRIL, DÍA NO QUE CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO.

E, POR FIN, PUIDEMOS LEVAR PARA CASA O AGASALLO DO QUE NOS AVISARA RUFIÑO UNS DÍAS ANTES.

TRÁTASE DUN CONTO COLABORATIVO NO QUE PARTICIPOU TODO O ALUMNADO DO COLE: OS DE PRIMARIA FORON OS CREADORES DO TEXTO E OS DE INFANTIL OS ILUSTRADORES. POR ÚLTIMO, AS MESTRAS E MESTRES PUXERON A SÚA VOZ PARA CONTARNOS A BONITA HISTORIA BASEADA NO PROXECTO DE CENTRO: A RECICLAXE.

NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER UNHA VERSIÓN CURTA PARA O ALUMNADO DE INFANTIL. 

TAMÉN PODEDES ATOPARA A VERSIÓN COMPLETA NO SEGUINTE ENLACE DO BLOG DO EQUIPO DE EDLG: CONTO COLABORATIVO

E AQUÍ VOS MOSTRAMOS ALGÚNS MOMENTOS DO PROCESO DE CREACIÓN:






O VENRES TAMÉN FIXEMOS UNHA POSTA EN COMÚN DAS PERSONAXES DE CONTO QUE COÑECEMOS E QUE, LOGO, DEBUXAMOS NUNS MURAIS CONXUNTOS POR EQUIPOS.
NON PUIDERON QUEDAR MÁIS BONITOS!!!!















CUBOS DE RECICLAXE NA CLASE

 ESTA SEMANA ESTRENAMOS CUBOS DE RECICLAXE NA AULA.

ASÍ, PRESENTAMOS A PLASTIQUIÑO E PAPELIÑO, NOS QUE RECOLLEREMOS O PAPEL, CARTÓN, PLÁSTICO, ENVASES... DA CLASE.

ADEMAIS, TIÑAMOS O CONTEDOR CORRESPONDENTE A VIDRIÑO. PERO, COMO EN CLASE NON XENERAMOS ESTE TIPO DE RESIDUO... DECIDIMOS DEDICALO AO COMPOSTEIRO, CON TODO O MATERIAL ORGÁNICO.















LIBRO VIAXEIRO: ÁLVARO

 SEGUINTE PARADA DO LIBRO VIAXEIRO: ÁLVARO.

CONTOUNOS COMO PASOU UN DÍA DE PRAIA ESTUPENDO ACOMPAÑADO DOS SEUS PAIS E TÍOS, E DA SÚA CADELIÑA CORI.

MOITAS COUSAS FIXERON NESA XORNADA EN LOURIDO QUE ÁLVARO LLE CONTOU AOS SEUS COMPIS.








mércores, 21 de abril de 2021

LIBRO VIAXEIRO: AARÓN

 A SEGUINTE PARADA NA NOSA VIAXE É A CARGO DE AARÓN, QUE NOS CONTOU UNHA VIAXE QUE REALIZOU EN FAMILIA, COS SEUS PAIS, TÍOS E PRIMOS.

ASÍ FOINOS RELATANDO COMO DESCUBRIU UN SITIO ONDE VIVÍAN OS OSOS, UN CASTELO ONDE VIVÍA UN DRAGÓN E UN LAGO ONDE REFRESCARSE.

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS TAN BONITA VIAXE!!!