ESTE ANO TEMOS COMO PROXECTO DE CENTRO A RECICLAXE E NA NOSA AULA ESTAMOS DANDO OS PRIMEIROS PASOS.
XA DESDE O CURSO PASADO TEMOS O COMPOSTEIRO NO COLE ONDE O ENCARGAD@ DO DÍA LEVA OS RESTOS DE FROITA DAS NOSAS MERENDAS.
AGORA ESTAMOS COÑECENDO O COLECTOR AZUL E O AMARELO. DE MOMENTO DE FORMA TEÓRICA PARA, EN BREVE, PASAR Á PRÁCTICA. DE TAL XEITO, SEPARAREMOS OS RESIDUOS XERADOS NA CLASE EN DÚAS PAPELEIRAS DIFERENTES.
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI PINTAR CON TÉMPERAS UNS COLECTORES EN PAPEL AOS QUE LLES CHAMAMOS: PAPELIÑO E PLASTIQUIÑO. DESPOIS TIVEMOS QUE CLASIFICAR DIFERENTES RESIDUOS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS MOMENTOS DO PROCESO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario