ESTA FIN DE SEMANA FOI O DÍA DA PAZ, O CAL QUEREMOS TRASLADAR A TODOS OS DÍAS DO ANO. PERO NO COLE PREPARAMOS UNHA PEQUENA CONMEMORACIÓN.
A PORTA DA NOSA CLASE ESTÁ BEN FERMOSA GRAZAS A UNS CORAZÓNS FEITOS POLOS PEQUES AO SEU GUSTO. DELES PENDURAN UNHAS BONITAS PALABRAS: CORAZÓN, BICOS, ABRAZOS, CARIÑO, AXUDAR, AMOR...
ADEMAIS, NA ENTRADA DO COLE, TEMOS UNHA ENORME POMBA FEITA GRAZAS Á COLABORACIÓN DE TODO O ALUMNADO DO COLE.
CON UN MONTÓN DE COUSIÑAS QUE TIÑAN COMO DESTINO O LIXO... AGORA TEMOS UNHA VERDADEIRA OBRA DE ARTE.
AO SEU LADO PODEMOS ATOPAR UN MONTÓN DE RECOMENDACIÓNS DE LECTURA E CINE.
http://rufiteca.blogspot.com/2021/01/dia-da-paz.html?m=0
http://orgullodecampano.blogspot.com/2021/01/dia-da-paz.html?m=0