DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS DE COLE SEGUIMOS AVANZANDO NO PROXECTO SOBRE OS ANIMAIS DO MAR.
COMEZAMOS COAS BALEAS, ELEXIDAS POLO EQUIPO AZUL.
DELAS DESCUBRIMOS A BALEA AZUL, COMO RESPIRAN POLO ESPIRÁCULO, A SÚA FORMA DE NACER (SON MAMÍFEROS COMA NÓS) OU O QUE TEÑEN DENTRO DA SÚA BOCA.
TAMÉN SABEMOS UN POUCO MÁIS SOBRE OS CANGREXOS, DO EQUIPO AMARELO. NESTE CASO, SOBRE OS CANGREXOS ERMITAÑOS QUE CAMBIAN DE CASA, DE CUNCHA, VARIAS VECES NA SÚA VIDA. TAMÉN SABEMOS O QUE LLES GUSTA COMER OU CALES SON AS PARTES DO SEU CORPO.
E PARA REMATAR O TRIMESTRE CHEGOULLE O TURNO AOS POLBOS, DO EQUIPO VERDE. OITO SON AS SÚA PATAS E TRES OS SEUS CORAZÓNS. ADEMAIS, DESCUBRIMOS QUE, CANDO ESTÁN ASUSTADOS, BOTAN UNHA TINTA.
CON ACUARELA MARRÓN E NEGRA PINTAMOS A TINTA DOS POLBOS.
ALGÚN ESTÁ MOI, MOI, MOI ASUSTADO PORQUE EXPULSOU MOITÍSIMA TINTA!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario