A ESTIMULACIÓN SENSORIAL FOMENTA TODAS AS ÁREAS DE DESENVOLVEMENTO, TANTO FÍSICO COMA EMOCIONAL. A ENTRADA DE INFORMACIÓN DO NOSO ENTORNO PRODÚCESE POLO SISTEMA NERVIOSO, É DICIR, POLOS SENTIDOS. POR ISO É NECESARIO ESTIMULALOS A TRAVÉS DE ACTIVIDADES COMO AS QUE VOS PROPOÑO A CONTINUACIÓN:
1. CAMIÑAR SOBRE
UNHA LIÑA RECTA COS OLLOS VENDADOS
2. RECOÑECER
OBXECTOS SEN MIRALOS: METER DENTRO DUNHA BOLSA E SACAR DE UN EN UN.
SE NON ADIVIÑAN IMOS DANDO PISTAS
3. FACER UN DEBUXO
COS OLLOS TAPADOS
4. RECOÑECER
ALIMENTOS SEN MIRALOS
5. RECOÑECER
SABORES: DOCE – AMARGO
6. XOGAR COA ESPUMA
DE AFEITAR. SE TENDES COLORANTES ALIMENTICIOS PROBAR A FACER ESPUMA
DE CORES
7. RECOÑECER
INSTRUMENTOS MUSICAIS SEN MIRALOS. SE NON TENDES NA CASA PODEDES
BUSCAR ESTES SONS EN INTERNET: TAMBOR, FLAUTA, GUITARRA, PANDEIRETA,
GAITA...
8. EMPARELLAR SONS:
EN OVOS (TIPO KINDER OU OUTROS ENVASES SIMILIARES) ENCHER CON
DIFERENTES ELEMENTOS (PEDRIÑAS, ARROZ, AREA...)
9. CLASIFICAR
OBXECTOS (DOS QUE TEÑADES POR CASA) EN DÚAS CAIXAS: CON E SEN
SONIDO
10. RECOÑECER
AROMAS CO NARIZ TAPADO
11. PINTAR CON
ESPECIAS OU OUTROS CONDIMENTOS
12. ORGANIZAR UNHA
MASAXE CUNHA MÚSICA DE FONDO
Ningún comentario:
Publicar un comentario