PAOLA SEGUE TRABALLANDO MOITÍSIMO: HOXE DEBUXOU A SÚA FAMILIA E FIXO UN BONITO ANIMAL PEGANDO PAPELIÑOS DO XORNAL.
luns, 30 de marzo de 2020
"EL MASAJITO"
NA ENTRADA ANTERIOR ESTÁN RECOLLIDAS UNHA SERIE DE ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN SENSORIAL.
UNHA DELAS CONSISTÍA EN FACER UNHA MASAXE E, POR ISO, VOS DEIXO AQUÍ UNHA PROPOSTA (DE ENTRE MOITAS QUE PODEDES BUSCAR OU INVENTAR)
PROPOSTA DE ACTIVIDADES SENSORIAIS
A ESTIMULACIÓN SENSORIAL FOMENTA TODAS AS ÁREAS DE DESENVOLVEMENTO, TANTO FÍSICO COMA EMOCIONAL. A ENTRADA DE INFORMACIÓN DO NOSO ENTORNO PRODÚCESE POLO SISTEMA NERVIOSO, É DICIR, POLOS SENTIDOS. POR ISO É NECESARIO ESTIMULALOS A TRAVÉS DE ACTIVIDADES COMO AS QUE VOS PROPOÑO A CONTINUACIÓN:
1. CAMIÑAR SOBRE
UNHA LIÑA RECTA COS OLLOS VENDADOS
2. RECOÑECER
OBXECTOS SEN MIRALOS: METER DENTRO DUNHA BOLSA E SACAR DE UN EN UN.
SE NON ADIVIÑAN IMOS DANDO PISTAS
3. FACER UN DEBUXO
COS OLLOS TAPADOS
4. RECOÑECER
ALIMENTOS SEN MIRALOS
5. RECOÑECER
SABORES: DOCE – AMARGO
6. XOGAR COA ESPUMA
DE AFEITAR. SE TENDES COLORANTES ALIMENTICIOS PROBAR A FACER ESPUMA
DE CORES
7. RECOÑECER
INSTRUMENTOS MUSICAIS SEN MIRALOS. SE NON TENDES NA CASA PODEDES
BUSCAR ESTES SONS EN INTERNET: TAMBOR, FLAUTA, GUITARRA, PANDEIRETA,
GAITA...
8. EMPARELLAR SONS:
EN OVOS (TIPO KINDER OU OUTROS ENVASES SIMILIARES) ENCHER CON
DIFERENTES ELEMENTOS (PEDRIÑAS, ARROZ, AREA...)
9. CLASIFICAR
OBXECTOS (DOS QUE TEÑADES POR CASA) EN DÚAS CAIXAS: CON E SEN
SONIDO
10. RECOÑECER
AROMAS CO NARIZ TAPADO
11. PINTAR CON
ESPECIAS OU OUTROS CONDIMENTOS
12. ORGANIZAR UNHA
MASAXE CUNHA MÚSICA DE FONDO
domingo, 29 de marzo de 2020
NOTICIAS DE ANXO E LÍA
LÍA E ANXO TAMÉN NOS ENSINAN A QUE LLE ESTÁN DEDICANDO ESTES ÚLTIMOS DÍAS.
GRACIAS AO "ENCERRO" ESTÁN DISFRUTANDO MOITO DA SÚA FINCA, COMA NUNCA FIXERAN ATA O DE AGORA. ADEMAIS TAMÉN TEÑEN MOITO TEMPO PARA XOGAR E ALGO PARA TRABALLAR.
MIRANDO ESTAS FOTOS PODEMOS COMPROBAR O FELICES QUE ESTÁN!!!
ÁLEX NON PARA!!!
ÁLEX ESTÁ DISFRUTANDO MOITO ESTES DÍAS NA CASA EN FAMILIA.
SON MOITAS AS COUSAS QUE FAI: PINTA, FAI PUZZLES, XOGOS DE MESA, XOGOS COA AREA E A PLASTILINA, MANUALIDADES...
ADEMAIS PASA MOITO TEMPO NA SÚA TERRAZA, QUE LLE ENCANTA; E CANTANDO E BAILANDO (TAMÉN EN INGLÉS).
POR ISO NOS DEIXA ESTE VÍDEO RESUMO PARA QUE TOD@S O POIDADES VER!!!
DANIELA MOITO TRABALLO
DANIELA QUERE ENSINARNOS COMO TRABALLA NA FINCA DA SÚA CASA.
POR UN LADO PLANTANDO CEBOLAS, QUE ESTAMOS NA ÉPOCA.
E, POR OUTRO LADO, VARRE QUE TE VARRE, COAS GALIÑAS DE FONDO.
sábado, 28 de marzo de 2020
AS CANCIÓNS DO PROFE FELIPE
FELIPE NOS DEIXA ESTAS TRES CANCIÓNS. ERAN AS QUE MÁIS PEDÍAN OS PEQUES DE 3 ANOS NAS SÚAS CLASES, DE TODAS AS QUE LLES ENSINOU.
ELOY SEGUE MOIIII OCUPADO
A ELOY O QUE MÁIS LLE GUSTA DE TODO É ESTAR FÓRA DA CASA, POLA SÚA FINCA. AÍNDA ASÍ ATOPA MOMENTOS PARA "TRABALLAR UN POUQUIÑO".
ELOY NOS ENSINA NESTAS FOTOS O QUE ESTIVO FACENDO O XOVES E O VENRES.
AQUÍ O PODEMOS VER AXUDÁNDOLLE A SÚA TÍA A LIMPAR A MISKI. NON SABEN ONDE SE METERA PERO ESTABA UN POUCO "COCHINO".
TAMÉN FIXO O RETRATO DUN GATIÑO BEN CHULO!!!
E, POR ÚLTIMO, UN POUCO DE REPASO DOS NÚMEROS 1 E 2.
venres, 27 de marzo de 2020
UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
UNHA DAS MELLORES MANEIRAS DE PASAR O TEMPO É LENDO, VENDO E ESCOITANDO CONTOS...
ASÍ QUE A PROFE MARÍA VAIVOS CONTAR UN MOI COÑECIDO (AO MELLOR XA O TENDES NAS VOSAS CASAS) QUE LLE ENCANTA E QUERE COMPARTIR CON TODAS E TODOS VÓS.
AÍ VAI!!!!
PERO NON PODE SER... A PROFE ESQUECEUSE DE REMATAR O CONTO COMO FACEMOS SEMPRE NO COLE.
A VER... COMO ERA??? AXUDÁDEME...
xoves, 26 de marzo de 2020
QUÉDATE NA CASA!!!
PAOLA E NAYRA NON PARAN!!!
E QUEREN COMPARTIR CON TODOS E TODAS NÓS ESTE VÍDEO NO QUE NOS RECORDAN QUE...
mércores, 25 de marzo de 2020
ÁLVARO E AS SÚAS TAREFAS
ÁLVARO QUERE COMPARTIR CON TODOS OS COMPIS A QUE LLE DEDICOU O DÍA DE HOXE.
ESTIVO XOGANDO CUN PUZZLE DE LETRAS E TAMÉN PRACTICANDO COAS TESOIRAS RECORTANDO NOS CATÁLOGOS DO SÚPER.
QUE CARA DE CONCENTRACIÓN!!!!
PAOLA DEBUXA E ESCRIBE
HOXE PAOLA FIXO UN DEBUXO E REMATOUNO POÑENDO O SEU NOME.
ESTABA MOI CONTENTA PORQUE CONSEGUIU ESCRIBILO ELA SOLIÑA.
martes, 24 de marzo de 2020
AARÓN E AS SÚAS TAREFAS
AARÓN ESTIVO MOI OCUPADO DURANTE ESTES DÍAS.
AXUDOULLE AO SEU AVÓ A COLOCAR A LEÑA E A PLANTAR CEBOLAS.
ADEMAIS, TAMÉN LLE DEDICOU UN RATIÑO ÁS LETRAS E A PINTAR COS DEDOS. QUE DIVERTIDO!!!
ELOY E AS LETRAS
HOXE ELOY QUERE ENSINARNOS COMO PRACTICA COAS LETRAS DO ABECEDARIO.
ADEMAIS DE XOGAR A EMPARELLALAS ESTIVO REPASANDO O SEU NOME, PARA NON OLVIDARSE DE COMO SE ESCRIBE.
domingo, 22 de marzo de 2020
DÍA DA POESÍA (III)
UNHA POESÍA DA COR AMARELA E BEN ACOMPAÑADA DO POLO PEPE.
ASÍ NOS FAI A SÚA PRESENTACIÓN LARA!!
sábado, 21 de marzo de 2020
DÍA DA POESÍA (II)
ÁLVARO TAMÉN COMPARTE CON TOD@S UNHA ESTROFA DO POEMA "O FOGUETE", RECOLLIDO NO LIBRO "OS SOÑOS NA GAIOLA" DE MANUEL MARÍA.
TODOS OS DÍAS PODEN SER POESÍA!!!
ASÍ QUE NON DUBIDEDES EN SEGUIR COMPARTINDO POEMAS NOS VINDEIROS DÍAS
DÍA DA POESÍA (I)
HOXE, 21 DE MARZO, CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA.
NESTAS CIRCUNSTANCIAS ESPECIAIS E INTENTANDO QUE A DISTANCIA NON SEXA UN IMPEDIMENTO... PRESENTAMOS AS POESÍAS FEITAS POR NENOS E NENAS DA NOSA CLASE.
COMEZAMOS CO POEMA DE ELOY.
CONTINUAMOS COA PROPOSTA QUE NOS FAI PAOLA ACOMPAÑADA DA SÚA IRMÁ NAYRA.
AS ILUSTRACIÓNS ESTÁN FEITAS EN FAMILIA E CADA UN PINTOU UNHA PARTE: PAOLA OS POLIÑOS, NAYRA O BARCO, PAPÁ O LOBO E MAMÁ O PEIXE.
TAMÉN ÁLEX NOS ENVÍA A SÚA POESÍA PARA COMPARTIR COAS PROFE E COS SEUS COMPAÑEIR@S.
TAMÉN A PROFE MARÍA QUERE COMPARTIR O SEU POEMA ESPERANDO QUE ESTE "CHAPARRÓN" PASE O MÁIS PRONTO POSIBLE.
venres, 20 de marzo de 2020
CANCIÓNS EN "ENGLISH"
A NOSA "TEACHER" CLAUDIA COMPARTE CON NÓS AS CANCIÓNS TRABALLADAS NA NOSA AULA DURANTE ESTE CURSO PARA QUE AS POIDADES ESCOITAR NA CASA.
IF YOU'RE HAPPY AND YOU KNOW IT
ONE LITTLE FINGER
COUNTING FROM 1 TO 10
BABY SHARK
XOGOS DE ARTE E CREACIÓN
A PROFE ÁNGELA, NO SEU BLOG, FAINOS AS SEGUINTES RECOMENDACIÓNS DE XOGOS PARA CREAR.
AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE. NON DEIXEDES DE PROBALOS. SON MOI INTERESANTES!!!
ELOY E OS NÚMEROS
ELOY ADICOULLE UN RATIÑO DO SEU TEMPO A XOGAR COS NÚMEROS.
O MÉRCORES FÍXOOS COS SEUS DEDOS NA FARIÑA.
E HOXE ENGADIU FORMAS, CORES E PEGATINAS PARA FACELO AÍNDA MÁIS DIVERTIDO!!!
CARLOS E AS SÚAS ACTIVIDADES
CARLOS TAMÉN QUERE COMPARTIR CON TODOS VÓS A QUE LLE ESTÁ ADICANDO ESTES DÍAS NA CASA.
POR UN LADO REALIZOU ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DO COLE... PERO TAMÉN ESTÁ SENDO MOI COLABORADOR COAS TAREFAS DA CASA.
E NADA MELLOR PARA COMPROBALO QUE MIRANDO ESTAS FOTOS!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)