luns, 18 de marzo de 2024

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: PERÍODO DE FROITA E LEITE 1

 A FINAIS DE XANEIRO E PRINCIPIOS DE FEBREIRO LEVOUSE A CABO NO CENTRO DÚAS SEMANAS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE SUBVENCIONADO POLO FOGGA.

TODOS OS DÍAS, NA MERENDA, REPARTIUSE FROITA FRESCA, PAN E LEITE PARA MERENDAR QUE OS PEQUES ACEPTARON MOI BEN!!

FRESAS, MAZÁS, PERAS, PLÁTANOS, KIWI... GRAN VARIEDADE DE CORES E SABORES!!!













GRAFISMO CREATIVO: CACTUS

 NUNHA NOVA SESIÓN DE GRAFISMO CREATIVO, ESTA VEZ RELACIONADA CO PROXECTO DE MÉXICO, SEGUIMOS PRACTICANDO TODOS OS TRAZOS NECESARIOS PARA UNHA BOA ESCRITURA.

CADA PEQUE DECOROU O SEU CACTUS AO GUSTO COS TRAZOS QUE MÁIS LLE GUSTAN, DEBUXOULLE OS PINCHOS E DECOROU TAMÉN UNHA MACETA.

UNS RESULTADOS DIVERSOS E DIVERTIDOS!!!





OBRADOIRO DE COCIÑA: QUESADILLAS E NACHOS CON GUACAMOLE

 DURANTE ESTE TRIMESTRE UN DOS OBRADOIROS DE COCIÑA ESTIVO RELACIONADO CO PROXECTO DE MÉXICO.

ASÍ, COCIÑAMOS DÚAS ELABORACIÓNS TÍPICAS DA COMIDA MEXICANA.

POR UN LADO ELABORAMOS GUACAMOLE UTILIZANDO AGUACATE, CILANTRO, PEMENTO VERDE, LIMA...

POR OUTRO LADO FIXEMOS QUESADILLAS UTILIZANDO TORTILLAS, QUEIXO E XAMÓN COCIDO.

TODO RIQUÍSIMO ELABORADO POR UNHAS MANS CASE EXPERTAS!!!

FELICIDADES ÁNGELA!!

E REMATAMOS UN XANEIRO MOI CUMPLEAÑEIRO E FESTEIRO CO ANIVERSARIO DE VALERIA, QUE CUMPLIU 5 ANOS!!
UNHA ESTUPENDA TARTA DUNHA TEMÁTICA QUE A ELA LLE ENCANTA E QUE DEGUSTARON MOI ALEGREMENTE OS SEUS COMPIS!!
FELICIDADES VALERIA!!!!















domingo, 17 de marzo de 2024

LIBRO VIAXEIRO: MAIRA

 E O LIBRO VIAXEIRO CHEGOU A CASA DE MAIRA PARA PRESENTARNOS Á FAMILIA PATIFANTE, METADE ELEFANTES E METADE PATOS, DA FAMILIA DOS MAMÍFEROS.

CONTOUNOS QUE VIVEN EN AUSTRALIA ONDE O CLIMA É CÁLIDO E SOLEADO. TAMÉN NOS CONTOU QUE SON HERBÍVOROS E QUE LLES GUSTA COMER FROITA, SEMENTES, RAÍCES, HERBA...

PARABÉNS POLO TEU TRABALLO MAIRA!!!


LIBRO DOS MEUS COMPIS DE CLASE

 DURANTE O MES DE XANEIRO CADA DÍA A ENCARGADA OU ENCARGADA FACÍA UNHA FICHA CON DATOS COMO A SÚA COR FAVORITA, A SÚA COMIDA, POÑER A SÚA PEGADA...

E DESPOIS CADA COMPI FACÍA O MESMO ATA COMPLETAR UN LIBRO CON TODOS E TODAS!!!









SESIÓNS DE ROBÓTICA CON TRUE TRUE

 NUNHA DAS SESIÓNS DE ROBÓTICA ESTIVEMOS XOGANDO E APRENDENDO CON TRUE TRUE. UTILIZAMOS A TABLET PARA QUE VAI PARA DIANTE, CARA ATRÁS, FAGA XIROS, CAMBIE DE COR...

GÚSTANOS UN MONTÓN!!!

DÍA DA PAZ

PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ FIXEMOS DÚAS ACTIVIDADES EN CONXUNTO TODO O O COLE:

- POR UN LADO ELABORAMOS UN VÍDEO RECOMENDANDO UN LIBRO DE PAZ. NA NOSA CLASE ESCOLLIMOS O LIBRO "CON MIS PALABRAS" COMO PODEDES VER NO VÍDEO.


- POR OUTRO LADO CONFECCIONAMOS UN BANDERÍN NO QUE PLASMAMOS UNHA PALABRA DE PAZ E PUXEMOS COUSAS TÍPICAS DO PAÍS DESA PALABRA. EN CLASE ESCOLLIMOS ENTRE APAPACHO, CUATES E FAMILIA. E ASÍ DE BONITO NOS QUEDOU O BANDERÍN.







O DÍA DA PAZ XUNTÁMONOS TODO O COLE PARA VISUALIZAR OS VÍDEOS E EXPLICAR CADA BANDERÍN.





SE QUEREDES VER OS DEMAIS TRABALLOS AQUÍ QUEDA O ENLACE AO BLOG DO COLE:

 DÍA DA PAZ TODO O COLE