domingo, 16 de abril de 2023
TRANSPLANTE DE LEITUGAS
FELICIDADES ROQUE!!
POR FIN LLE CHEGOU O DÍA A ROQUE, O DÍA NO QUE CUMPLIU 4 ANOS!!
A SÚA COROA AMARELA, COMA NON, DECORADA E CO SEU NOME E O NÚMERO CORRESPONDENTE.
CON MOITA FORZA SOPLOU A SÚA VELA SOBRE A RICA TARTA DA PATRULLA CANINA.
PARABENS ROQUE!!!
VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS
O MARTES 11 DE ABRIL, NADA MÁIS CHEGAR AO COLE, MONTAMOS NO AUTOBÚS PARA DIRIXIRNOS AO PARQUE MUNICIPAL DE BOMBEIROS DE PONTEVEDRA.
ALÍ NOS ESPERABAN UN GRUPO DE BOMBEIROS PARA ENSINARNOS:
POR UN LADO, AS INSTALACIÓNS DO PARQUE: O GARAXE COS VEHÍCULOS, AS OFICINAS, A COCIÑA, O XIMNASIO...
POR OUTRO LADO, A ROUPA E FERRAMENTAS DE TRABALLO, OS CAMIÓNS... ASÍ COMO ALGUNHA DEMOSTRACIÓN DO QUE TEÑEN QUE FACER NO SEU DÍA A DÍA.
PARA REMATAR UNHA PEQUENA FESTA DA ESPUMA, XA QUE O TEMPO NON ACOMPAÑOU TODO O QUE NOS GUSTARÍA.
CANDO MARCHABAMOS NO AUTOBÚS PUXERON A FUNCIONAR AS SEREAS DOS CAMIÓNS!!!
FELICIDADES UXÍA!!
O ÚLTIMO DÍA DO COLE, ADEMAIS DA VISITA DO COELLIÑO DE PASCUA, UXÍA CUMPLIU 4 ANOS.
CON AXUDA DAS SÚAS COMPIS DECOROU A SÚA COROA PARA, MÁIS TARDE, SOPLAR A VELA DE 4 ANOS NA RICA TARTA.
DESPOIS DE CANTAR A CANCIÓN DE FELICITACIÓN REPARTIU UN ANAQUIÑO DE TARTA A TODO AQUEL QUE QUIXO PROBALA.
MOITAS FELICIDADES UXÍA!!!
VISITA DO COELLIÑO DE PASCUA
O ÚLTIMO DÍA DE COLE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL.
LEVABAMOS DÍAS AGARDANDO ESE MOMENTO. SABIAMOS QUE ÍA VIR... PERO QUE SORPRESA NADA MÁIS CHEGAR AO COLE.
NESTE VÍDEO PODEREDES VER TODO O QUE ACONTECEU CO COELLIÑO DE PASCUA!!!
CONTACONTOS "NA TÚA MAN"
O XOVES 30 DE MARZO TIVEMOS NA BIBLIOTECA DO COLE UNHA SESIÓN DE CONTOS A CARGO DE RAQUEL QUEIZÁS, OU COMO LLE GUSTA A ELA QUE A CHAMEN, QUELIÑA.
GRAZAS AO CONCELLO DE PONTEVEDRA PUIDEMOS GOZAR DESTA ACTIVIDADE QUE TIÑA COMO TEMÁTICA COMÚN A IGUALDADE.
DURANTE A SESIÓN QUELIÑA CONTOUNOS HISTORIAS BASADAS NOS SEGUINTES CONTOS, ASÍ COMO UNHA LENDA POPULAR CHINA.
- "SOY SOLO MÍA" DE RAQUEL DÍAZ REGUERA
- "EL CHUBASQUERO DE AURORA" DE MARÍA MÁRQUEZ.
- "MESA TRÁGAME" DE GABRIELA KESELMAN.
MOITAS GRAZAS POR ESTA FABULOSA ACTIVIDADE!!!