DESPOIS DE ALGO MÁIS DUNHA SEMANA FINALIZAMOS O PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA INCORPORARNOS AO "COLE DE MAIORES" CON TODA NORMALIDADE.
A CONTINUACIÓN FAREMOS UN MINI RESUMO CON ALGUNHAS DAS VIVENCIAS QUE TIVEMOS NESTES PRIMEIROS DÍAS.
COMEZAMOS CO PATIO DE XOGOS, NO EXTERIOR. A PESAR DA CHOIVA QUE NOS ACOMPAÑOU ALGÚN DÍA DESCUBRIMOS: OS TOBOGÁNS E OUTROS XOGOS, AS MOTOS, AS BICIS, OS XOGOS DE AREA...
TOMAMOS AS PRIMEIRAS MERENDAS NO COLE.
UTILIZAMOS AS TÉMPERAS E PINCEIS, PINTANDO DE FORMA GRUPAL UN DÍA E DE MANEIRA INDIVIDUAL NOUTRA XORNADA. ESTE ÚLTIMO "CADRO" COMPLETÁMOLO CON PEGATINAS, AO GUSTO DE CADA UN.
FIXEMOS VARIAS "TAREFAS" NA MESA: PEGAMOS, COLOCAMOS GOMETS, XOGOS VARIADOS, PROBAMOS UNS SELLOS CHULÍSIMOS, ETC.
O VENRES COÑECIMOS A BONITA BIBLIOTECA DO NOSO COLE ONDE VIVE A SÚA MASCOTA, UN PITIÑO AMARELO CHAMADO RUFIÑO.
DURANTE ESTES DÍAS A PROFE CONTOUNOS O CONTO DE "OS CHIBOS CHIBÓNS" E TAMÉN O DE "COCORICO", ESTE ÚLTIMO ACOMPAÑADO DUNHA CANCIÓN.
E XA TEMOS UNHA CANCIÓN COA QUE DARNOS OS BOS DÍAS POLA MAÑÁ.