venres, 29 de outubro de 2021

FESTA DO SAMAGOSTO!!!

 O VENRES 29 DE OUTUBRO CELEBRAMOS NO COLE O XA TRADICIONAL "SAMAGOSTO", NA QUE CONMEMORAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO, FESTAS MOI PRESENTES NA NOSA CONTORNA.

PARA TAL CELEBRACIÓN PUXEMOS OS TRAXES DE GALA PARA ACUDIR AO EVENTO.








BAIXAMOS Á PISTA CUBERTA PARA DEGUSTAR AS CASTAÑAS.

BAILAMOS, XOGAMOS, RIMOS... EN RESUMO: PASÁMOLO XENIAL!!!!!

















E TAMÉN TIVEMOS UN PEQUENO AGASALLO EN  FORMA DE OLLOS E CABAZAS TERRORÍFICOS, PERO MOI, MOI DOCES!!!


CESTAS PARA CASTAÑAS!!!

 A FESTA DO SAMAGOSTO ACHEGÁBASE E PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA ELABORAR UNS CESTIÑOS PARA AS CASTAÑAS.

A PARTIR DUN BRICK DE LEITE FIXEMOS UNHA CESTA CON DOUS COMPARTIMENTOS.

TIVEMOS QUE PEGAR PAPEIS DE XORNAL, BOTAR COLA, PINTAR CON TÉMPERAS E PINCEIS, FACER UN CARTELIÑO CO NOME...

DESPOIS DE TANTO TRABALLO... UN ESTUPENDO RESULTADO FINAL!!!!

AS NOSAS CABAZAS

 DURANTE ESTA SEMANA E CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO SAMAGOSTO TIVEMOS UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS NA ENTRADA DO COLE.

A PARTICIPACIÓN DA NOSA CLASE FOI MOI EXITOSA E ASÍ DE ORGULLOSOS E ORGULLOSAS POSABAN OS PEQUES COAS SÚAS CABAZAS.










E TANTO TRABALLO BEN MERECE UNHA PEQUENA RECOMPENSA EN FORMA DE DIPLOMA. NORABOA!!!!




SAÍDA AO MERCADO MUNICIPAL!!!

 O PASADO XOVES TIVEMOS A PRIMEIRA EXCURSIÓN DESTE CURSO. ALÁ FOMOS EN AUTOBÚS ATA O MERCADO MUNICIPAL.

ALÍ NOS ESPERABAN TRES ESTUPENDAS MONITORAS QUE NOS FORON GUIANDO POR TODA A PRAZA: CARNE, PEIXE, FROITAS, VERDURAS, FLORES....

NO NOSO MERCADO PODEMOS ATOPAR DE TODO!!!

ADEMAIS, TAMÉN NOS CONTARON UN CONTO E PUIDEMOS DEBUXAR UN RATIÑO.

POR ÚLTIMO, TIÑAN PREPARADO PARA NÓS UN AGASALLO ESTUPENDO: UN PARAUGAS!!!!

MIL GRAZAS AO GANAPÁN E AO CONCELLO DE PONTEVEDRA!!

xoves, 28 de outubro de 2021

EXPERIMENTOS: OVO E VINAGRE

 CONTINUAMOS COS EXPERIMENTOS QUE TANTO NOS GUSTAN.

NESTE ÚLTIMO SÓ PRECISAMOS DOUS INGREDIENTES: VINAGRE E OVO.

O QUE FIXEMOS FOI BOTAR MOITO VINAGRE NUN RECIPIENTE GRANDE E INTRODUCIR UN OVO DENTRO QUE DEIXARÍAMOS ALÍ DURANTE VARIOS DÍAS.










 A CONTINAUCIÓN PLANTEXAMOS A SEGUINTE PREGUNTA: QUE LLE PASARÁ O OVO?

E ESTAS FORON AS NOSAS APORTACIÓNS:

PASADOS OS DÍAS DESCUBRIMOS COMO QUEDARA:


E CALES DAS NOSAS HIPÓTESES ESTABAN ACERTADAS E CALES NON.

PROBADE A FACELO NAS VOSAS CASAS!!!!