sábado, 21 de novembro de 2020

TRABALLANDO NA HORTA

 NESTES ÚLTIMOS DÍAS ESTIVEMOS BEN ATAREFADOS NUN PEQUENO RECUNCHO DETRÁS DO COLE: UNHA PARCELIÑA DE TERREO QUE UTILIZAMOS PARA PLANTAR ALGUNHAS COUSIÑAS.

SE TODO VAI BEN NUNS MESES TEREMOS UNHA PEQUENA PRODUCIÓN DE ALLOS, CENORIAS E TULIPÁNS.

NO PROCESO DE PLANTACIÓN UTILIZAMOS "COMPOST" CONSEGUIDO NA NOSA COMPOSTEIRA COS RESTOS ORGÁNICOS DAS NOSAS MERENDAS.

POR EQUIPOS PARTICIPAMOS NESTA ACTIVIDADE QUE NOS GUSTOU MOITÍSIMO!!!

PERO QUE MELLOR QUE PODER MIRALOS COS VOSOS PROPIOS OLLOS!!!




DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

 O VENRES 20 DE DECEMBRO CONMEMÓRASE O DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA.

COA COLABORACIÓN DE TODAS AS AULAS DO NOSO CENTRO ELABORAMOS UN VÍDEO RECORDANDO CALES SON OS DEREITOS DOS MÁIS PEQUES.

AQUÍ VOS AMOSAMOS O VÍDEO DA NOSA CLASE:

 "DEREITO Á EDUCACIÓN GRATUÍTA. DEREITO A DIVERTIRSE E XOGAR"


E AQUÍ QUEDA O ENLACE AO BLOG PARA PODER VER O VÍDEO COMPLETO:

https://vamoscampano.blogspot.com/

xoves, 19 de novembro de 2020

FELIZ CUMPLEAÑOS MARCO!!

 E NESTE MES DE NOVEMBRO NON DEIXAMOS DE FESTEXAR NA NOSA CLASE.

HOXE TOCOULLE O TURNO AO NOSO COMPI MARCO QUE XA CUMPLIU UN ANIÑO MÁIS.

DESPOIS DE ELABORAR EL A SÚA COROA E OS SEUS COMPIS UN PEQUENO AGASALLO... SOPLOU A VELA BEN ACOMPADO DOS CANTARES DOS SEUS AMIGUIÑ@S.

MOITAS FELICIDADES!!!










martes, 17 de novembro de 2020

BOSQUES EN OUTONO

NESTES ÚLTIMOS DÍAS CREAMOS UN CADROS DE BOSQUES DE OUTONO CON RECORTES DE PAPEL E FONDO DE ACUARELA.
SEGURO QUE QUEREDES VER O RESULTADO FINAL, VERDADE?

CANCIÓN: EN EL FONDO DEL MAR

 UNHA CANCIÓN QUE NOS ENCANTA VER E CANTAR E QUE SEMPRE DEBUXA UNHA SONRISA NAS  NOSAS CARAS!!!

PROXECTO ANIMAIS DO MAR: OS TIBURÓNS

DESTA VEZ TOCOULLES OS TIBURÓNS, DO EQUIPO LARANXA.
DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS SOBRE ELES E, SOBRE TODO, PUIDEMOS AVERIGUAR QUE NON SON TAN MALOS COMA OS PINTAN.
PODEDES VER ESTE VÍDEO PARA APRENDER CON NÓS!!






 

CARETAS DE TIBURÓNS!!

 DENTRO DO PROXECTO DE COÑECER ANIMAIS DO MAR... FIXEMOS ESTAS CARETAS DE TIBURÓNS TAN CHULAS!!!





VÍDEO OUTONO FOTOGRÁFICO

 NUNHA ENTRADA ANTERIOR MOSTRABAMOS O BONITO MURAL DO OUTONO QUE TEMOS NA ENTRADA DO COLE.

AGORA VOS DEIXAMOS UN VÍDEO QUE PODEDES ATOPAR TAMÉN CONSULTANDO O BLOG https://vamoscampano.blogspot.com/

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!



venres, 6 de novembro de 2020

NANO TEN DIABETES

 HOXE POLA MAÑÁ TIVEMOS A SORTE DE QUE NOS VISITARA NA NOSA CLASE A CONTADORA RAQUEL QUEIZÁS, OU COMO LLE GUSTA A ELA QUE LLE CHAMEN, QUELIÑA. 

CONTOUNOS A HISTORIA "NANO TEN DIABETES" E ESTA FUNCIÓN FOI ORGANIZADA POR ANEDIA (ASOCIACIÓN DE NENAS, NENOS E XENTE NOVA CON DIABETES) EN COLABORACIÓN COAS CONCELLERÍAS DE BENESTAR SOCIAL E DE EDUCACIÓN E DEPORTES DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.

A EXPERIENCIA FOI DO MÁIS ENTRETIDA E APRENDEMOS MOITO SOBRE A DIABETES.

MOITAS GRAZAS!!!!

RADIO ESCOLAR: A ESCALEIRA

 DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS ESTIVEMOS TRABALLANDO EN TORNO AO CONTO "A ESCALEIRA" DE BEATRIZ MONTERO E PUBLICADO POLA EDITORIAL OQO. O NOSO OBXECTIVO ERA PREPARAR BEN ESTE CONTO PARA FACER UN PROGRAMA DE RADIO CON EL.

PARA A GRAVACIÓN, POR GRUPIÑOS, SUBIMOS Á RADIO ESCOLAR E, COMO PROFESIONAIS, PUXEMOS OS CASCOS E FALAMOS ANTE O MICRÓFONO. 

TODA UNHA EXPERIENCIA MOI GRATIFICANTE.

E... POR FIN... AQUÍ TEDES O RESULTADO!!!

MIRADE QUE GUAPAS E GUAPOS ESTABAN DURANTE A GRAVACIÓN!!





















PROXECTO ANIMAIS DO MAR: OS PEIXES

UN DOS NOSOS EQUIPOS DE CLASE SON OS PEIXES, DO EQUIPO ROSA.
FORON MOITOS OS DATOS QUE APRENDIMOS DELES GRAZAS A ESTE VÍDEO QUE NOS GUSTA VER UNHA E OUTRA VEZ.


E ESTAS FORON ALGÚNS DOS "TRABALLIÑOS" QUE FIXEMOS EN TORNO A ESTE TEMA.