xoves, 26 de setembro de 2019

COÑECEMOS A RUFIÑO!!!

ESTES PRIMEIROS DÍAS DE COLE ESTAMOS ADICÁNDOOS A IR COÑECENDO POUQUIÑO A POUCO TÓDOLOS SEUS ESPAZOS.
NESTES ÚLTIMOS DÍAS SUBIMOS AO PISO DE ARRIBA. AO FONDO DE TODO ESTÁ UN LUGAR CHEO DE CONTOS NO QUE UN GUARDIÁN "VIXILA" TODO O QUE ALÍ ACONTECE.
TRÁTASE DE RUFIÑO, A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA.
COMO LLE ENCANTAN OS BICOS E OS ABRAZOS DOS NENOS E NENAS... ALÁ FOMOS A COÑECELO E A DARLLE UNS AGARIMOS.
SEGURO QUE VÓS TAMÉN O QUEREDES COÑECER!!!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow created with Smilebox

martes, 24 de setembro de 2019

HORA DE MERENDAR!!!!

HOXE QUEREMOS ENSINARVOS UN MOMENTO QUE SE REPITE TÓDALAS MAÑÁS NO COLE. DESPOIS DE LAVAR BEN AS MANS CHEGA A HORA DE MERENDAR E CARGAR BEN AS PILAS PARA CONTINUAR O RESTO DA XORNADA.
ESTAS IMAXES SON DESTE PASADO MARTES.









luns, 23 de setembro de 2019

ANIVERSARIO DE ALAN!!!!

NO MES DE SETEMBRO TEMOS A UN COMPI DE CUMPLEAÑOS, O PRIMEIRO DO CURSO.
ALAN CUMPLIU HOXE 3 ANOS E QUIXO CELEBRALO NO COLE CON TÓDOLOS NOVOS AMIGOS E AMIGAS!!!!
PRIMEIRO FIXEMOS UNHA "SIMULACIÓN" DOS 3 ANOS DE VIDA DE ALAN. PARA ISO DEULLE TRES VOLTAS AO SOL, RECORRENDO TÓDOLOS MESES DO ANO, PARA VIVENCIAR OS TRES ANOS QUE CUMPLIU.
POR SUPOSTO, TAMÉN LLE CANTAMOS O "CUMPLEAÑOS FELIZ" E O "PARABENS PARA TI" E SOPLOU A VELA.
POR ÚLTIMO, A COMER!!!!!!! UNHA RICA TARTA DA QUE APENAS SOBROU UN ANAQUIÑO. 
FELICIDADES ALAN!!!!!






O NOSO PRIMEIRO DÍA DE MÚSICA

HOXE DESCUBRIMOS UNHA NOVA PARTE DO COLE E UN NOVO PROFE: A AULA DE MÚSICA E O PROFE FELIPE.
ENSINOUNOS UNHAS CANCIÓNS MOI, MOI CHULAS COAS QUE RIMOS, BAILAMOS E DISFRUTAMOS!!!!!





sábado, 21 de setembro de 2019

O NOSO NOME

UN DOS OBXECTIVOS A CONSEGUIR DURANTE ESTES MESES SERÁ RECOÑECER O NOME PROPIO DE FORMA ESCRITA E, POUQUIÑO A POUCO, O DOS NOSOS COMPIS.
POR ISO FIXEMOS UN PEQUENO XOGO DE BÚSQUEDA (COA AXUDA DO MODELO NA MAN) DO NOSO NOME ENTRE VARIOS QUE HABÍA NO CHAN.
DESPOIS PEGAMOS GOMETS NA NOSA INICIAL. CON ESTA PARTE DISFRUTARON TODOS E TODAS. ENCÁNTALLES "PEGAR PEGATINAS"!!!





MANTELES PARA A NOSA MERENDA

E SEGUIMOS AMOSANDO ALGUNHAS DAS COUSAS QUE FIXEMOS NO COLE DURANTE OS PRIMEIROS DÍAS.
PARA AXUDAR A QUE AS MESAS ESTÉN BEN LIMPIÑAS DURANTE A MERENDA ELABORAMOS UNS BONITOS MANTELES DA COR QUE CADA UN ELIXIU E NOS QUE PEGAMOS ALGÚNS ALIMENTOS QUE TOMAMOS DURANTE A MERENDA.
MIRADE QUE CARAS DE CONCENTRACIÓN...












XOGANDO COA PLASTILINA!!

DURANTE O PERÍODO DE ADAPTACIÓN TAMÉN TIVEMOS MOMENTOS DE XOGO MÁIS TRANQUILO E RELAXADO...
COA PLASTILINA PODEMOS CREAR E CONSTRUIR UN MONTÓN DE COUSAS AO MESMO TEMPO QUE MELLORAMOS A MOTRICIDADE DAS NOSAS MANS.



PRIMEIROS XOGOS NO PATIO

NESTA ENTRADA DO BLOG QUEREMOS AMOSAR COMO OS NENOS E NENAS DISFRUTARON DOS PRIMEIROS XOGOS NO PATIO DO COLE.
COMO ESTABAMOS CO HORARIO "ESPECIAL" DA ADAPTACIÓN TIVEMOS A SORTE DE TER TODIÑO PARA NÓS: MOTOS, CARRETILLAS, PALAS E CALDEIROS...
MIRADE, MIRADE...
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Free digital scrapbook customized with Smilebox

O POLO PEPE

DURANTE OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE OS NENOS E NENAS TIVERON A OPORTUNIDADE DE COÑECER AO "POLO PEPE": A SÚA HISTORIA E A SÚA CANCIÓN.



ADEMAIS TAMÉN O PINTAMOS COS NOSOS DEDIÑOS.





xoves, 19 de setembro de 2019

AQUÍ ESTAMOS!!!!!!

TEMOS O GUSTO E O PRACER DE PRESENTAR A ESTE GRUPO DE NENOS E NENAS QUE INICIARON O SEU CAMIÑO XUNTOS NO COLE DE CAMPAÑÓ HAI UNS DÍAS.
ESPEREMOS QUE SEXA O INICIO DUNHA GRAN ETAPA NA QUE TODOS E TODAS APRENDAMOS E DISFRUTEMOS XUNTOS!!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a photo slideshow with Smilebox