domingo, 22 de decembro de 2019

APADRIÑAMENTOS LECTORES

ESTA SEMANA CELEBRAMOS NO COLE OS APADRIÑAMENTOS LECTORES. 
CADA NEN@ DA AULA DE 3 ANOS TIÑA UN PADRIÑO OU MADRIÑA QUE SE ENCARGOU DE LERLLE UN CONTO DESPOIS DO RECREO O PASADO MÉRCORES.
ESTA BONITA ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA GUSTOU TANTO ENTRE GRANDES COMA PEQUEN@S.

DANIELA E AROA
ALEXANDRE, IRENE E TEO
ARIADNA, ÁLEX E ALAN
LÍA E UXÍA
SABELA, ANXO E RAÚL

LARA E SARAY

SARA E BRAYAN

CELIA E SARA

ALEJANDRO E ERICK
CINTHIA E DANIELA
ELOY, AARÓN E ZAIRA

ALMUDENA E MARCO

KATIA, ÓSCAR E CARLOS

EVA, PAOLA E NAYRA

JORGE, SAÚL E IVÁN

A NOSA PANXOLIÑA

O ÚLTIMO DÍA DE COLE XUNTÁMONOS TODO O ALUMNADO E PROFESORADO NO XIMNASIO PARA FACER UN PEQUENO FESTIVAL DE PANXOLIÑAS.

A NOSA AULA FOI A PRIMEIRA EN ACTUAR, ROMPENDO O XEO. COMO É NORMAL ESTIVERON UN POUQUIÑO TÍMIDOS PERO O PÚBLICO ENTENDEUNO PERFECTAMENTE E ENCHERON A SALA DE APLAUSOS AO FINALIZAR A ACTUACIÓN.
A PANXOLIÑA ELIXIDA FOI "XA ME TARDAN ESTES MAGOS" DO CD DE MAMÁ CABRA.


AQUÍ TENDES O VÍDEO COA NOSA ACTUACIÓN.

E ALGUNHAS FOTIÑOS DE RECORDO.FESTIVAL DE PANXOLIÑAS










 SE QUEREDES VER AS ACTUACIÓN DOS OUTROS CURSOS PINCHADE NESTE ENLACE DO BLOG DO COLE

LIBRO VIAXEIRO: ERICK

SEGUINTE CASA DO LIBRO VIAXEIRO, A DE ERICK.
NAS SÚAS PÁXINAS CORRESPONDENTES EXPLICOUNOS A ESTUPENDA FIN DE SEMANA QUE PASOU COS SEUS PAIS COÑECENDO A CORUÑA.
COMPARTIU COS SEUS COMPIS TODO O QUE FIXERON SEN DEIXAR NINGÚN DETALLE ATRÁS.







PORTADAS DOS NOSOS TRABALLIÑOS

DURANTE OS ÚLTIMOS DÍAS DE COLE ESTIVEMOS PREPARANDO AS PORTADAS DOS NOSOS TRABALLIÑOS.
REMATA XA O PRIMEIRO TRIMESTRE E, CON ILUSIÓN, OS PEQUES LEVARÁN AS SÚAS FICHAS PARA CASA.
MIRADE AQUÍ PARTE DO PROCESO DE CREACIÓN: PINTARON AS MANS QUE SERÍAN OS REIS, PUXERON AS COROAS, PEGARON OS OLLOS, PINTARON BOCA E NARIZ, PUXERON O NOME...
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free digital slideshow

LIBRO VIAXEIRO: IVÁN

A SEGUINTE PARADA DO LIBRO VIAXEIRO FOI A CASA DE IVÁN.
IVÁN CONTOUNOS UNHA VIAXE RECENTE, FEITA NO MES DE SETEMBRO, A PORTUGAL. CONCRETAMENTE, AO ALGARVE.
SÓ VENDO AS FOTOS XA NOS FACEMOS UNHA IDEA DO BEN QUE O PASOU NA PRAIA, NO ZOO E COS SEUS PAIS.








CONCURSO DE POSTAIS (ANPA SAN PEDRO)

COMA XA É TRADICIÓN NO COLE POR ESTAS DATAS A ANPA CONVOCOU UN CONCURSO DE POSTAIS ENTRE TODO O ALUMNADO DO COLE.
ESTAS FORON AS PROPOSTAS NA AULA DE 3 ANOS DA QUE RESULTOU GAÑADOR O NOSO COMPAÑEIRO CARLOS. NORABOA!!!!!


sábado, 14 de decembro de 2019

CHOCOLATADA!!!!

ESTE PASADO VENRES, CANDO CHEGOU A HORA DA MERENDA, NON FOI COMA UN DÍA HABITUAL... ESE DÍA FOMOS MERENDAR AO XIMNASIO CHOCOLATE QUENTIÑO E ROSCA!!!!!!!
MOITÍSIMAS GRACIAS ÁS FAMILIAS QUE FAN POSIBLE ESTA CHOCOLATADA QUE TANTO GUSTA A MAIORES E PEQUEN@S.
SÓ HAI QUE VER AS SÚAS CARAS PARA COMPROBAR TODO O QUE DISFRUTARON!!